maría roja

Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov

Acción
Creación: María Roja
Performers: Maria Chiginskaya, María Roja
Documental proxectado: Два рассказа о памяти (Dúas historias sobre a memoria), de Valery Chiginskiy
40 minutos aprox.
2018

Ao longo dos primeiros meses do ano 2018, padecín un problema ocular a raíz do cal me vin privada do sentido da vista. Abastecida de cada vez máis escasos entretementos co paso das semanas, alguén deu en lerme en voz alta, a anacos diarios, a novela de Vladimir Nabokov titulada Ada ou o ardor. Así coñecín esta historia.
Masha leu este libro no ano 2002, durante a primavera, mentres preparaba os seus exames da universidade en San Petersburgo. Comezou a súa lectura para impresionar ao seu sarcástico profesor de Literatura do século XX, do cal estaba platonicamente namorada, quen desconfiaba da capacidade do seu alumnado para comprender esta obra. Así coñeceu esta historia.
Agora, ímosvola contar, de memoria.

Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov é unha acción na que se propón unha sorte de visita guiada ao rexistro que do texto permaneceu en nós de xeito natural, entretecido este con acontecementos persoais íntimos e eventos históricos de certa relevancia xustapostos no tempo a dita escoita/lectura. A través dun inventario narrativo e formal descontinuo, desbótase a reconstrución fiel do relato textual en favor da implicación física do corpo e do contexto no acto de recordar.
Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov tenta ser un exercicio de rescate da memoria orgánica, debedor das nosas tradicións oral e física.

Esta peza estreouse no Festival 85C, o día 8 de setembro, no MARCO de Vigo.


Ada o Contar de memoria unha novela de Nabokov

Acción
Creación: María Roja
Performers: Maria Chiginskaya, María Roja
Documental proyectado: Два рассказа о памяти (Dos historias sobre la memoria), de Valery Chiginskiy
40 minutos aprox.
2018


A lo largo de los primeros meses del año 2018, padecí un problema ocular a raíz del cual me vi privada del sentido de la vista. Abastecida de cada vez más escasos entretenimientos con el paso das semanas, alguien dio en leerme en voz alta, a fragmentos diarios, la novela de Vladimir Nabokov titulada Ada ou el ardor. Así conocí esta historia.
Masha leyó este libro en el año 2002, durante la primavera, mientras preparaba sus exámenes de la universidad en San Petersburgo. Comenzó su lectura para impresionar a su sarcástico profesor de Literatura del siglo XX, del que estaba platónicamente enamorada, quien desconfiaba de la capacidad de su alumnado para comprender esta obra. Así conoció esta historia.
Ahora, os la vamos a contar, de memoria.

Ada o Contar de memoria una novela de Nabokov es una acción en la que se propone una suerte de visita guiada al registro que del texto ha permanecido en nosotras de manera natural, entretejido éste con acontecimientos personales íntimos y eventos históricos de cierta relevancia yuxtapuestos en el tiempo a dicha escucha/lectura. A través de un inventario narrativo y formal discontinuo, desechándose la reconstrucción fiel del relato textual en favor de la implicación física del cuerpo y del contexto en el acto de recordar.
Ada o Contar de memoria una novela de Nabokov intenta ser un ejercicio de rescate de la memoria orgánica, deudor de nuestras tradiciones oral e física.

Esta pieza se estrenó en el Festival 85C, el día 8 de septiembre, en el MARCO de Vigo.

Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov
Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov
Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov
Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov
Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov
Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov

Fotografías: Olga Fddez + Henar de Torres