As nosas letras

O Mago Teto en streaming no Día das Letras Galegas

martes, 12 de maio de 2020
As nosas letras

A compañía do Mago Teto celebrará o Día das Letras Galegas co espectáculo As nosas letras, dun xeito moi especial acorde ao período de estado de alarma a causa da pandemia da Covid-19.
De tal maneira, ofrecerá un doblete por streaming seguindo os protocolos de seguridade establecidos, acompañado de 5 cámaras e con realización en directo, desde un Multiusos de Soutomaior baleiro de público.
Ámbalas dúas actuacións poderán seguirse a través das canles de YouTube dos concellos de Vilariño de Conso, ás 17h (con repetición ás 22h) e de Soutomaior (ás 19:30h), respectivamente.
En As nosas letras, a protagonista é a literatura galega, sen esquecer as ilusións máxicas e por suposto o humor que caracterizan os espectáculos do Mago Teto, quen nese caso fará un percorrido pola historia da lingua galega a través do ilusionismo para “espertar a curiosidade dos nenos, nenas e toda a familia e render unha homenaxe á cultura e á tradición galegas”.
Maxia en directo para tódolos fogares en tempos de confinamento!!

+info:
http://www.magoteto.com/
http://www.culturactiva.org/