Assamblé

Encontro con María Roja no Conservatorio de danza

No proxecto Assamblé, en colaboración coa Deputación Provincial La Coruña achegamos ao alumnado do Conservatorio de Danza da Coruña a creación contemporánea e o proceso creativo.
Ademais da creación dunha peza pilotada polo artista Alexis Fernández – Maca, propoñemos encontros con profesionáis das artes vivas que poidan trasladar distintas ramas da creación artística que orbitan arredor da creación escénica, como por exemplo a dramaturxia, o deseño de iluminación, a escenografía, o espacio sonoro… transmitindo as múltiples vertentes artísticas que arroupan a creación coreográfica.
Temos a sorte de comezar con María Roja, unha creadora galega, artista visual, performer e actriz. O seu traballo bebe das Belas Artes, do teatro e da danza dando lugar o seu universo creativo nos eidos das artes escénicas e visuais. Un encontro con María Roja é un espazo onde coñecer a esta artista e as súas claves a hora de abordar o proceso creativo.
Este encontro está aberto a todas as persoas interesadas, se queredes achegarvos soamente tedes que escribir ao mail trcdanza@gmail.com

+info:
https://www.pe-trcdanza.gal/