Estrea de «Nómades»

Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Somos nómades, transitamos sen morada nin corpo fixo. Habitamos a beleza do diverso, esa beleza que dá cor aos outros corpos e facilita a aparición de novas tonalidades, texturas e xeitos de vivir. Onde non existe un corpo equivocado, onde é posible imaxinar ás persoas en abstracto.

A MITCFC acolle o vindeiro 3 de xullo ás 21 horas no Auditorio Municipal de Cangas, a estrea de Nómades, a última produción da compañía galega de artes escénicas dirixidas á infancia e á xuventude Xarope Tulú.

NÓMADES somos:
Creación: Atenea García, Nicolás Zamorano, Gena Baamonde, Diego M. Buceta e María Roja
Dirección: Gena Baamonde
Elenco: María Roja, Atenea García e Diego M. Buceta
Música orixinal: Nicolás Zamorano
Deseño de iluminación: Laura Iturralde
Escenografía: Nicolás Zamorano
Vestiario: Marte Martinka
Deseño cartel: Alba Blanco
Técnico Luz/Son: Nicolás Zamorano
Asesoría maxia: Héctor Guerra
Video: Caneca
Produción: Xarope Tulú
Distribución: Urdime

+info:
http://www.mostrateatrocangas.org/index.php?option=com_zoo&task=item&item_id=348&Itemid=131&lang=gl#