maría roja

XXII Premios María Casares

María Roja nominada a Mellor Actriz Protagonista

Jueves, 22 de febrero de 2018
XXII Premios María Casares

"Martes de Carnaval", do Centro Dramático Galego, suma 9 nominacións:
Mellor Dirección (Marta Pazos)
Mellor Actor Protagonista (Miquel Insua)
Mellor Actriz Protagonista (María Roja)
Mellor Actriz Secundaria (Anabell Gago)
Mellor Adaptación/Tradución (Manuel Cortés)
Mellor Escenografía (Fernando Ribeiro)
Mellor Iluminación (Jose Álvaro Correia)
Mellor Vestiario (Uxía Vaello)
Mellor Maquillaxe (Esther Quintas).

Un total de 9 espectáculos acadan candidaturas finalistas nos XXII Premios de Teatro María Casares:
http://aaag.gal/novas/283/9-espectaculos-finalistas-xxii-premios-maria-casares

"Todo por Galactus"

Premio ao mellor guión no Hell Chess Festival

Miércoles, 10 de enero de 2018

Unha cea, catro comensais e unha hipótese: viaxariades no tempo para matar a Hitler cando tan só era un bebé?

Esta é a sinopse de "Todo por Galactus", unha curtametraxe de ciencia ficción dirixida por Jose Araújo máis Rodrigo Lamoso, e interpretada por María Roja, Machi Salgado, Pedro Brandariz e Bea Campos. Trala súa andaina polos festivais Cortos con K (Barcelona), Fangofest (Amposta, Tarragona), Cinemas Ocultos (Cangas), Festival Internacional de Cine Fantástico y de Terror (Navarra) e de recibir o premio á Mellor Teoría Patafísica no FKM Festival de Cinema Fantástico (A Coruña), esta semana, despois de gañar o premio ao mellor guión no Hell Chess Festival (Madrid), viaxa ata o NOX Film Fest, en Salto (Uruguay).
Máis info:
https://www.noxfilmfest.com/
https://www.facebook.com/pg/noxfilmfest

"Té con Kant" e "Fémina Sapiens" no Salón Teatro

Continúan as aventuras de Theodora e Johanna durante a súa residencia no CDG

Martes, 12 de diciembre de 2017

O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle dentro da súa programación de decembro "Té con Kant" e "Fémina Sapiens", as últimas creacións da compañía galega Inversa Teatro.

Datas e horario:
"Té con Kant": días 14 (escolar ás 11h), 16 (20:30h) e 17 (18h).
"Fémina Sapiens": días 14 (20:30h) e 15 (escolar ás 11h e público xeral ás 20:30h).
Venda de entradas:
- Billeteira do Salón Teatro tódolos días con programación, desde dúas horas antes do comezo das funcións.
- http://entradas.abanca.com/es/event/te-con-kant-inversa-teatro/
Prezo: 10 euros.

+info:
http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/axenda/
www.inversateatro.com

1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | ... | 53