O neno e a sombra

Campaña de crowdfunding

xoves, 20 de decembro de 2018

"O Neno e a Sombra" é unha curtametraxe de folk horror e drama psicolóxico ambientada na Galicia rural dos anos 80.
"O Neno e a Sombra" é un conto de realismo máxico baseado no noso patrimonio inmaterial: as meigas, o mal de ollo ou os ritos curativos conforman o substrato no que se desenvolve esta historia.
"O Neno e a Sombra" é tamén unha dolorosa viaxe interior cara ó enfrontamento co lado escuro da nosa psique, na que se exploran outros temas universais como a infancia, a paternidade, a educación ou a relixión.
"O Neno e a Sombra" é un descenso a fonduras descoñecidas. Estás disposto a baixar?

Para colaborar no desenvolvemento do proxecto, lánzase unha campaña de crowdfunding na plataforma Verkami:
http://vkm.is/onenoeasombra

"O Neno e a Sombra" conta co seguinte equipo:
Director: Xaime Miranda
Elenco: Miguel de Lira, Manuel Lourenzo, María Roja e Diego Anido
Guión: Carlos Fernández
Produtores: Uxío Corbelle, Sabela Blanco
Xefa de produción: Lucía Ramiro
Script: Maite Señoráns
Dirección de Fotografía: Elena Lombao
Dirección de Arte: Mariña de Toro
Xefe de eléctricos: Iago Villarino
Son: Lucas Pardo
Música Orixinal: Nuno Pico

+info:
https://www.facebook.com/ONenoeaSombraCurta/
https://twitter.com/onenoeasombra
https://www.instagram.com/onenoeasombra/