Sofía e as postsocráticas

Estrea da nova montaxe da compañía Inversa Teatro

sábado, 10 de novembro de 2018
Sofía e as postsocráticas

A estrea de Sofía e as Postsocráticas, a nova montaxe da compañía Inversa Teatro, terá lugar o día 5 de decembro no Auditorio Municipal de Vigo ás 20h.
Asimesmo, uns días antes, o 30 de novembro, realizarase unha preestrea da peza. Será no marco do Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 21h.

Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. Sócrates, Platón e Aristóteles, as tres personaxes en escena, tratarán de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que se poida facer o cálculo do que é ou o que non é violencia machista. Xunto coa interpretación de personaxes e o emprego de máscaras, a dramaturxia conta tamén con elementos visuais e sonoros que axudarán na reflexión de cal é a nosa responsabilidade como sociedade ante este tema. O pacto patriarcal, o silencio como resposta, o valor ontolóxico, o victim blaming, a negación ou o síndrome espectador son os fíos argumentais polos que transita a peza.

SOFÍA E AS POSTSOCRÁTICAS somos:
Dirección: Marta Pérez
Dramaturxia e Interpretación: María Roja, Marta Pérez, Silvia Penas
Texto (a partir de materiais de creación colectiva): Marta Pérez
Poemas: Silvia Penas
Movemento: María Roja
Videocreación: Laura Iturralde
Espazo Sonoro: Jesús Andrés Tejada & Silvia Penas (CintaAdhesiva)
Iluminación: Ángel Sousa
Deseño escenografía: Montse Piñeiro
Construción Escenografía: Gonzalo Alonso
Vestiario: Silvia Sánchez (LeChanelas), Josefa Rivas
Produción: Marta Pérez
Axudante de produción: Belén Piñeiro
Imaxe gráfica: María Rodríguez
Campaña de Comunicación e Fotografía: Ángel Sousa - Ampersand Fotografía
Gravación obra: Fon Cortizo
Fábulas Postsocráticas: Marta Pérez, Silvia Penas
Agradecementos: Santi Romay (axudantía dirección). Miguel Borines (asesoramento máscaras). Manuel Outeiriño (voz en off). Nicolás Zamorano. C.C. San Lourenzo. Auditorio Municipal Illa de Arousa. Talía Teatro. Antonio Durán "Morris". Isabel Risco. Iria Sobrado. María Vázquez. Lucía Regueiro. Federico Pérez. Xosé Barato. Mercedes Castro. Monti Castiñeiras. Cris Iglesias. Sheyla Fariña. Evaristo Calvo. Patricia Vázquez. Sabela Arán. Marcos Pereiro.

+info:
www.inversateatro.com
www.facebook.com/inversateatro