Tempo suspenso

Comunicación de María Roja no Congreso de Arte de Acción FI

venres, 16 de novembro de 2018
Tempo suspenso

FUGAS E INTERFERENCIAS. III Performance Art Conference, celebrarase os días 29 e 30 de novembro e 1de decembro de 2018 nas cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela. O congreso está organizado pola Universidade de Vigo e conta coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). O obxectivo fundamental do congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica.
Dentro da programación, María Roja, investigadora da Universidade de Vigo, presentará a súa comunicación Tempo suspenso: a vertente performativa do ritmo nas artes vivas e visuais, dentro da mesa "La acción y sus intersecciones (II)", ás 10:30h. na sala de Patronato do CGAC.

+info:
http://www.fugaseinterferencias.com
https://www.facebook.com/fugaseinterferencias/