"Todo por Galactus"

Premio ao mellor guión no Hell Chess Festival

mércores, 10 de xaneiro de 2018

Unha cea, catro comensais e unha hipótese: viaxariades no tempo para matar a Hitler cando tan só era un bebé?

Esta é a sinopse de "Todo por Galactus", unha curtametraxe de ciencia ficción dirixida por Jose Araújo máis Rodrigo Lamoso, e interpretada por María Roja, Machi Salgado, Pedro Brandariz e Bea Campos. Trala súa andaina polos festivais Cortos con K (Barcelona), Fangofest (Amposta, Tarragona), Cinemas Ocultos (Cangas), Festival Internacional de Cine Fantástico y de Terror (Navarra) e de recibir o premio á Mellor Teoría Patafísica no FKM Festival de Cinema Fantástico (A Coruña), esta semana, despois de gañar o premio ao mellor guión no Hell Chess Festival (Madrid), viaxa ata o NOX Film Fest, en Salto (Uruguay).
Máis info:
https://www.noxfilmfest.com/
https://www.facebook.com/pg/noxfilmfest