Xarope Tulú estrea o ano sobre as táboas

Teatro familiar en Nadal

martes, 01 de xaneiro de 2019
Xarope Tulú estrea o ano sobre as táboas

NÓMADES I 2 xaneiro I Barbadás, Casa da Cultura Manuel María I 19h.
I 24 febreiro I Cambados, Auditorio Municipal I 18h.

NÓMADES é un espectáculo de carácter visual dirixido a tódolos públicos: onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente , sendo en ocasións difícil de definir onde comeza e remata cada un dos elementos que conforman a proposta. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos.

+info:
www.xaropetulu.com
www.facebook.com/xaropetulu