é actriz e performer.


Titulada superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e licenciada en Belas Artes cun Máster en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo. Completa a súa formación nos eidos da actuación e da interpretación da man de Alicia Framis, José Luis Raymond, Ana Vallés, Dora García, Nieves Correa, Abel Loureda, Idoia Zabaleta, José Piris, Nikolai Karpov, Berg Wagenaar, Wlodzimierz Staniewski, Agustí Vila, Iñaki Moreno máis membros das compañías Temple Theatre e Siti Company; así mesmo, profunda en técnicas do corpo e na danza con Juan Carlos Zahera, Ana Serna, Daniel Abreu, Javier Martín, Dominick Boruki, Maria Shmaevich, Núria Inglada, Jordi Cortés e Arnold Tarraborelli, entre outrxs. Vinculada ao grupo de teatro afeccionado Quartoescuro ao longo da súa etapa universitaria, traballa posteriormente como actriz profesional na compañía do Centro Dramático Galego, ademais de en Matarile, Contraproducións, Zancalino, Mago Teto, Palimoco, Galitoon, Demolicións Ferreira & Cía, Contarte, Animar-t, Fulano, Mengano e Citano, TrasPediante, Inversa Teatro e Aporía Escénica. No campo audiovisual, logo de participar en distintas curtametraxes, fai o seu debut cinematográfico baixo a dirección de Ignacio Vilar, para pórse despois diante da cámara de cineastas como Alexandre Cancelo, Breogán Riveiro ou Simón Casal. Posteriormente incorpórase ao reparto das series de televisión Hospital Real e Dalia, a modista. No ámbito da performance, vén traballando pezas en solitario ou en colaboración con outrxs artistas como Fran Martínez, Chiu Longina, Berio Molina, Quimera Rosa, Alba Blanco, Ana Gesto, Carlos Tejo, Adriana Pazos Ottón ou Begoña Cuquejo. Formou parte do Equipo Artístico e de Redacción de Núa, Revista de Artes Escénicas. É cofundadora da compañía de teatro Aporía Escénica, así coma dos colectivos áIntemperie e Blanco&Roja máis do fato bicéfalo Ohn, proxectos estes últimos situados no campo da arte de acción. Recibiu o Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria polo seu traballo en O Tolleito de Inishmaan. Actualmente compaxina o labor investigador no programa de doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea da UVigo co seu traballo creativo nos eidos das artes escénicas e visuais.

Curriculum vitae
experiencia laboral
Teatro
2017

A arañeira de Raúl Dans, dir. Quico Cadaval. Fundación SGAE
Especial Santa Compaña, dir. Héctor Guerra. Producións O Mago Teto
Queres que cho conte?, dir. Paloma Lugilde. Palimoco Teatro
Martes de Carnaval, dir. Marta Pazos. CDG
Sol negro, dir. Evaristo Calvo. Noite Bohemia
X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico: Punto de vista de Avelina Pérez, Un bo final de Carolina Alba Castro Estévez, O quinto inverno de Eva F. Ferreira. Dir. Marta Pazos. Radio Galega
Antes de la metralla, dir. Ana Vallés. Matarile Teatro

2016

O tolleito de Inishmaan de Martin McDonagh, dir. Cándido Pazó. Contraproducións (5 Premios María Casares)
25 anos de Tolemaxias, dir. Héctor Guerra. Producións O Mago Teto
Planificar a caída, dir. Begoña Cuquejo. TrasPediante
Baleadas de Estevo Creus, dir. Begoña Cuquejo e Marta Alonso. TrasPediante
Os reloxos preguiceiros de Néboa de Xavier Lama, dir. Diana Mera. Aporía Escénica

2015

El Cuello de la Jirafa, dir. Ana Vallés. Matarile Teatro
Lavar, marcar e enterrar de JuanMa Pina, dir. Pedro Sancho. Contarte

2014

30 e tantos ósos, dir. Diana Mera. Aporía Escénica (Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal)
Pintor Antonio Fernández, dir. Manuel Pombal. Fulano, Mengano e Citano
Lendas galegas, dir. Xiada Sanlés e Miguel Strada. Animar-t

2013

Os anos 80, dir. José Prieto. Producións O Mago Teto
Té con Kant, dir. María Caparrini e Marta Pérez. Inversa Teatro (I Premio Coiro de Pita 2015)

2012

EDISON, ou dúas mil demostracións de como non facer unha lámpada eléctrica, dir. Eva F. Ferreira. Demolicións Ferreira & Cía. (Residencia II Vigo en Bruto, Teatro Ensalle)

2011

Golulá de Andrea Bayer, dir. Santiago Alonso e Luis Miguel Rodríguez. Galitoon

2010

S/T (domingo), dir. Fran Buceta e María Roja. áIntemperie (Residencia I Vigo en Bruto, Teatro Ensalle)
Basilio, o meu amigo imaxinario, dir. Luis Miguel Rodríguez e Santiago Alonso. Galitoon
O rato de biblioteca, dir. Paloma Lugilde. Palimoco Teatro

2009

Barbazul dos Irmáns Grimm, dir. Alfonso Rivera. ESAD
Auria: A viaxe milenaria, dir. Aitor Rei. Zancalino Produs
A Maxia da Santa Compaña, dir. José Prieto. Producións O Mago Teto

Audiovisual
TV
2016

Dalia, a modista, dir. Giselle Llanio. CTV

2015

Hospital Real, dir. Jorge Cassinello. Ficción Producciones

Cine
2014

Lobos Sucios, dir. Simón Casal. Agallas Films

2012

Maratón, dir. Breogán Riveiro. Formato Producciones

2011

Dos soños antes do cinematógrafo, dir. Alexandre Cancelo. Hidra Films
Vilamor, dir. Ignacio Vilar. Vía Láctea Filmes

Curtametraxes
2018

Sendeiro, dir. Lucía Estévez. Audibeesual

2017

Felicidad, dir. Alfonso Díez
Area, dir. Anxos Fazáns. Audiobeesual
Todo por Galactus, dir. Jose Araújo e Rodrigo Lamoso

2014

Orixe, dir. Ana García. EAV Vigo

2013

A Casa, dir. Alba Blanco. BBAA Pontevedra
Grande Fabbrica, dir. Jose Araújo. EAV Vigo

2012

Llena eres de gracia, dir. Pedro Sancho. Arte Focal

2011

Carapuchiña e o pobo feroz, dir. Jose Araújo. Que conto! Producións. (Sacho de Ouro á mellor curta no Festival Curtello 2011)
Cea máxica, dir. Ánxela Pazos. EIS Coruña
Non corras que te pillo, dir. Daniel Veira. EIS Coruña
Namorados nun parque, dir. Adrián Bello. EIS Coruña

2002

Los ojos del hombre, dir. Ángel Seoane. FCSC Pontevedra

Videoclips
2017

Miedo, (Mecanismo Ruso) dir. Oswald

2016

O deserto, (CintaAdhesiva) dir. Jesús Andrés Tejada
You, home, (Cora Sayers) dir. Gero Costas e Romina Doce, Producciones Mutantes
City of Alexandria, (Agoraphobia) dir. Xaime Miranda

2015

Burning Blue, (Forest and dove) dir. Héctor Diéguez

2014

Conversa ultramarina, (Apenino) dir. Alexandre Cancelo
Wilda, (Cró!) dir. Jose Araújo

Performance
2017

Pasaescalabra, con Blanco&Roja
Can Cancela Calafrío
Agallope, con Santi Romay
(Re)acciona, con Blanco&Roja
Barbazul #O telón, con Blanco&Roja

2016

Off Roulette, con Blanco&Roja
Dasein, con Adriana Pazos Ottón
Plato!, con Blanco&Roja
Taedium feminae, con Blanco&Roja
Facerse a morta no medio do corredor

2015

Barbazul, con Blanco&Roja
Nin unha menos, con Ana Gesto
BINGO! Acto Efémero Sen Pretensións (AESP) #6, con Carlos Tejo, Irene Esperón, Blanco&Roja
Seis accións para unha tarde de domingo, con Blanco&Roja

2014

Microasterismos, con Ohn
Cóctel de parqueadero
Chinooo

2013

Akelarre, con Quimera Rosa

2012

Pó é pó é pó, con Ohn
Burning Bright
Europa
Sonosfera de A Coruña, con Chiu Longina

2011

Devuison, con Ohn
ST (resaca de domingo), con áIntemperie
Sonosfera de Vigo, con Chiu Longina

2009

Ansia
Así doe un verán

2007

Unha maneira de vestir a bandeira
Pas de deux

2004

Coreografía do absurdo

2002

Insignificancias

formación académica


2014-act.

Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea. Universidade de Vigo

2013-2014

Máster en Artes Escénicas. Universidade de Vigo

2006-2010

Titulada Superior en Arte Dramática, especialidade en Interpretación Textual. ESAD de Galicia

2000-2005

Licenciada en Belas Artes. Universidade de Vigo

formación complementaria [selección]


2017

Corpo e vibración, prof. Javier Martín. Salón Teatro, Santiago de Compostela
A través do aire, prof. Daniel Abreu. Salón Teatro, Santiago de Compostela
Inicio-Estalla, prof. Idoia Zabaleta. Museo Centro Gaiás, Santiago de Compostela
Introdución á técnica actoral Sandford Meisner, prof. Iñaki Moreno. Fundación SGAE, Santiago de Compostela

2016

Narrativas del cuerpo. Taller de performance, prof. Nieves Correa e Abel Loureda. MATSU, Madrid
El amor aparece en lugares inesperados. Taller de performance, prof. Dora García. MACBA, Barcelona

2015

Curso Sin Pretexto, prof. Agustí Vila e Ermel Morales. Padel Box, Vigo

2013

Taller de video-danza, prof. Man Hauser. Alga-a LAB, Vigo
Masterclass de adestramento Suzuki e Viewpoints, SITI Company. Extramuros, A Coruña

2012

Curso de técnica vocal Roy Hart, prof. Núria Inglada. A Artística, Vigo

2010

Curso de danza Kathakali, Compañía Teatro Tascabile di Bergamo. Escénika, ESAD, Vigo
Taller de teatro, prof. Wlodzimierz Staniewski. Escénika, ESAD, Vigo
Iluminación no teatro e na danza. Sólido, líquido e gaseoso, prof. Baltasar Patiño. Escénika, ESAD, Vigo
O rito corporal no teatro. Danza para actores, prof. Arnold Tarraborelli. Escénika, ESAD, Vigo
Performance escénica e actos poéticos, prof. José Piris. MACUF, A Coruña

2009

O Vicio de Mirar, prof. Ana Vallés. Teateatre, Lugo
Taller de escenografía, prof. Modesto Braulio Flórez. Escola de Imaxe e Son de Vigo RTV, Vigo
Manipulación de monicreques e prácticas escénicas, Galitoon. Santiago de Compostela
Creating New Theatre, Temple Theatre. Actfestival, Bilbao
El arte del actor en el siglo XX, prof. Borja Ruiz. Actfestival, Bilbao
Physical Theatre, prof. Jordi Cortés DV8 Co. Actfestival, Bilbao
Dancefilm, prof. Jordi Cortés DV8 Co. Actfestival, Bilbao
Teatro improvisado para cambiar el comportamiento, prof. Berg Wagenaar. Actfestival, Bilbao

2008

Laboratorio escénico, prof. Nikolai Karpov e Maria Shmaevich. Teatro do Giglio di Lucca, Italia
Composición instantánea, prof. Dominic Borucki. A Artística, Vigo

2007

Actuación e interpretación en el espacio escénico, prof. Jose L. Raymond. MACUF, A Coruña
Every day life art, prof. Alicia Framis. MUSAC, León

2006

Memoria do teatro Galego 1936. ESAD, Vigo

2001-2002

Danza Contemporánea. Conservatorio Mayeusis, Pontevedra

1997-1999

Danza Clásica. Centro Danza Lugo, Lugo

1989-1997

Danza Clásica. Taller de Danza de Juan Carlos Zahera, Lugo

premios
2017

Premio María Casares á Mellor Actriz secundaria por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo