Estrea de "Nómades"

Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

venres, 08 de xuño de 2018

Somos nómades, transitamos sen morada nin corpo fixo. Habitamos a beleza do diverso, esa beleza que dá cor aos outros corpos e facilita a aparición de novas tonalidades, texturas e xeitos de vivir. Onde non existe un corpo equivocado, onde é posible imaxinar ás persoas en abstracto.

A MITCFC acolle o vindeiro 3 de xullo ás 21 horas no Auditorio Municipal de Cangas, a estrea de Nómades, a última produción da compañía galega de artes escénicas dirixidas á infancia e á xuventude Xarope Tulú.

Estrea de "Nómades"

NÓMADES somos:
Creación: Atenea García, Nicolás Zamorano, Gena Baamonde, Diego M. Buceta e María Roja
Dirección: Gena Baamonde
Elenco: María Roja, Atenea García e Diego M. Buceta
Música orixinal: Nicolás Zamorano
Deseño de iluminación: Laura Iturralde
Escenografía: Nicolás Zamorano
Vestiario: Marte Martinka
Deseño cartel: Alba Blanco
Técnico Luz/Son: Nicolás Zamorano
Video: Caneca
Produción: Xarope Tulú
Distribución: Urdime

+info:
http://www.mostrateatrocangas.org/index.php?option=com_zoo&task=item&item_id=348&Itemid=131&lang=gl#

Mostra de proceso de "Nómades"

Residencias escénicas Sala Agustín Magán - CSC Santa Marta

xoves, 07 de xuño de 2018

Venres 8 de xuño ás 18 horas.
Entrada de balde ata completar aforo.

Mostra de proceso de "Nómades"

http://www.compostelacapitalcultural.org/detalles/18174/eventos.html

Nómades

Comezan os ensaios da nova produción de Xarope Tulú

luns, 28 de maio de 2018
Nómades

Xarope Tulú, compañía galega comprometida coas linguaxes escénicas dirixidas á infancia e á xuventude, desenvolverá ao longo desta semana unha residencia artística no Salón Teatro de Compostela, iniciando así o proceso de creación da que será a súa nova peza, Nómades. O equipo está formado por Gena Baamonde na dirección, Atenea García, Diego M. Buceta e María Roja na interpretación, Nicolás Zamorano a cargo da música e a escenografía, Laura Iturralde da iluminación e Marte Martinka do vestiario, acompañadxs de Alba Blanco no deseño gráfico.

Fotografía: Laura Iturralde

+info:
https://www.xaropetulu.com/

O sabor das margaridas

Comeza a rodaxe da nova serie de ficción para a TVG

sábado, 26 de maio de 2018
O sabor das margaridas

Un thriller ambientado no rural e cun asasinato como punto de partida. Unha inspectora ao cargo do caso irá atopándose con moitas sorpresas. Unha nova serie, para a Tvg, ’O sabor das margaridas’ comeza a sua rodaxe con María Mera e Miquel Insúa como protagonistas, acompañadxs de Manuel Cortés, Yelena Molina, Nerea Barros, Ricardo de Barreiro, Santi Cuquejo, Fran Paredes, Toni Salgado e María Roja, entre outrxs.

9 fugas

Comeza a rodaxe do filme dirixido por Fon Cortizo

sábado, 19 de maio de 2018
9 fugas

O director Fon Cortizo comezou este mes a rodaxe da longametraxe 9 fugas, un filme de protagonismo coral que conta cun elenco de intérpretes multidisciplinares da cidade de Vigo, encabezado por María Roja e Olga Cameselle.
9 fugas é un proxecto de exploración fílmica que ten como punto de partida a banda sonora dunha orquestra de improvisadorxs pechada no laboratorio dun vello buque oceanográfico, a través da que se recrea unha historia esquecida da que só queda a erosión das ondas sonoras sobre os espazos deshabitados.

+ info:
https://m.facebook.com/9-Fugas-373814639772913/

Dalia e os seus amores

Estrea na TVG

luns, 14 de maio de 2018
Dalia e os seus amores

Cun elenco formado por María Mera, Xoán Fórneas, David Seijo e María Roja, entre outrxs, a TVG estrea o luns 14 ás 22 horas "Dalia e os seus amores", unha proposta cinematográfica que narra a historia dunha modista que chega a unha vila galega para investigar a morte da súa nai.

+info:
http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/emocionante-triangulo-amoroso-na-proposta-cinematografica-desta-noite-na-tvg-dalia-e-os-seus-amores

1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | ... | 55