Estrea de "Poeta en Nova York"

Primeira montaxe da compañía lucense Teatro baixo da area

mércores, 29 de xaneiro de 2020
Estrea de "Poeta en Nova York"

POETA EN NOVA YORK
Lugo, Auditorio Gustavo Freire
29 de xaneiro ás 20:30h [ENTRADAS ESGOTADAS]
30 de xaneiro ás 20:30h [ENTRADAS ESGOTADAS]

Venda de entradas (aforo limitado a 110 persoas): Na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo; ou a través do portal web:
https://www.entradaslugo.es

A compañía lucense Teatro baixo da area comeza a súa andaina profesional coa estrea da súa adaptación teatral de "Poeta en Nova York" de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, abordada desde os conceptos do dó como forza motriz e da crise do desexo. A experimentación ten un grande peso nesta proposta de trazo contemporáneo.

POETA EN NOVA YORK somos:
Dirección e dramaturxia: Paloma Lugilde
Elenco: Sabela Eiriz, María Roja, Sergio Zearreta
Poemas musicados: Sergio Zearreta
Luz e son: Alfredo Sarille e David Regueiro
Deseño de espazos: Paloma Lugilde
Realización vestiario: Maite Abuín, CDG
Asistente de produción: Óscar Lago
Tradución poemario: Xoán C.Laxe
Tradución dramaturxia e asesoramento lingüístico: Rosa Moledo
Fotografía: Mario García Herradón, Marcos Loopez, Adra Pallón
Vídeo: Luis Antonio Barajas, Escola de Imaxe e Son de Lugo
Deseño gráfico e redes: Sabela Eiriz

+info:
https://producionspalomalugilde.es/poetaenny
https://www.instagram.com/poetaennovayork/
https://www.facebook.com/poetaennovayork/

"Poeta en Nova York" no Diario Cultural

A Radio Galega entrevista á directora Paloma Lugilde e á actriz María Roja.

mércores, 29 de xaneiro de 2020

Para escoitar a entrevista, premer no seguinte enlace:
http://www.diariocultural.gal/destacados/103000-a-estrea-de-poeta-en-nova-york/?_tcode=MWlnMzcz

"Poeta en Nova York" no Diario Cultural

+info:
https://producionspalomalugilde.es/poetaenny
https://www.instagram.com/poetaennovayork/
https://www.facebook.com/poetaennovayork/

"Poeta en Nova York" no Zigzag Diario

Últimos ensaios antes da estrea

martes, 28 de xaneiro de 2020

Para ver a reportaxe, premer no seguinte enlace:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-diario-4285029?t=48

"Poeta en Nova York" no Zigzag Diario

+info:
https://producionspalomalugilde.es/poetaenny
https://www.instagram.com/poetaennovayork/
https://www.facebook.com/poetaennovayork/

Ensaios de "Poeta en Nova York"

Adra Pallón documenta o proceso creativo

domingo, 26 de xaneiro de 2020
Ensaios de "Poeta en Nova York"

O fotógrafo lucense Adra Pallón acompañou durante varios días á compañía "Teatro baixo da area" durante os ensaios e a estrea da adaptación teatral de Poeta en Nova York, na que será a primeira vez en galego desta obra de Federico García Lorca.
O elenco está formado por María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz. Completan o equipo Rosa Moledo na tradución da dramaturxia e no asesoramento lingüístico, Xoan Laxe na tradución do texto e Alfredo Sarille na iluminación, baixo a dirección de Paloma Lugilde.
Algunhas das imaxes foron publicadas por VIVALUGO, o diario cultural de Lugo, e pódense ver premendo nos seguintes enlaces:
https://vivalugo.es/artes-escenicas/poeta-en-nova-york-os-ensaios-dunha-obra-mestra/
https://vivalugo.es/artes-escenicas/teatro-poeta-en-nova-york-impacta-e-axita-conciencias/

+info:
https://producionspalomalugilde.es/poetaenny
https://www.instagram.com/poetaennovayork/
https://www.facebook.com/poetaennovayork/

Próxima estrea de "Poeta en Nova York"

O CDG coproduce a montaxe da cía. Teatro baixo da area

luns, 20 de xaneiro de 2020
Próxima estrea de "Poeta en Nova York"

Fotografía: Marcos Loopez (VIVALUGO)

O 20 de xaneiro presentouse ante os medios “Poeta en Nova York”, a primeira montaxe da compañía lucense Teatro baixo da area. O acto tivo lugar na terraza do Hotel Méndez Núñez (onde estivo hospedado Federico García Lorca nas súas dúas visitas á cidade de Lugo), acompañadas pola concelleira de cultura Maite Ferreiro e Fran Núñez, o director do Centro Dramático Galego, que coproduce o espectáculo.
As entradas para a estrea do día 29 están esgotadas, pero confírmase unha nova función para o día 30 ás 20.30h no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

TEATRO BAIXO DA AREA
No ano 1998 nace Palimoco Teatro, dentro do teatro afeccionado, que dez anos despois se convertería na primeira compañía profesional de Lugo. Ao longo destes anos, ademais da creación e da produción de espectáculos, seguiu dúas liñas de traballo.
A primeira, a formación a diferentes niveis que, no ano 2014, acaba na creación da Escola Palimoco Teatro Danza, facendo presente a filosofía e a metodoloxía adquirida e construída durante todos os anos anteriores.
A segunda liña da que falamos é a comunicación e creación de lazos coa cidadanía: a dirección da Mostra Teatro Cidade de Lugo ata a súa quinta edición, o espectáculo Letra Viva, a iniciativa Quen ocupa esa cadeira? nas rúas da cidade, as postas en escena de Antígona no adarve da Muralla ou Don Juan Tenorio e Don Juanín no cemiterio de Lugo, son claros exemplos.
Hoxe, con Poeta en Nova York, a produtora dá outro paso máis, diferenciando dúas vertentes na creación de producións: a dirixida ao público infantil e familiar que seguirá co nome de Palimoco e a liña de investigación teatral co nome de Teatro baixo da area, tomando prestado o nome do autor que hoxe nos congrega, Federico García Lorca... “porque hai que vivir no teatro ou destruír o teatro, xa non vale asubiar polas portas”.
Grazas por nos seguirdes durante estes 22 anos de traxectoria!!

+prensa:
http://pacorivera.galiciae.com/
https://www.cope.es/emisoras/galicia/lugo-provincia/lugo/lugo-capital/noticias/primera-traduccion-gallego-poeta-nueva-york-estrenara-lugo-enero-20200121_598726
https://www.elprogreso.es/gl/articulo/cultura/lugilde-lorca-sabia-era-rei-da-festa-sentia-soidade/202001211823321418509.html

+info:
https://producionspalomalugilde.es/poetaenny
https://www.instagram.com/poetaennovayork/
https://www.facebook.com/poetaennovayork/

"Nómades" arranca o ano no Teatro Principal

Programa Didáctico de Compostela Cultura

xoves, 09 de xaneiro de 2020

Teatro Principal, Santiago de Compostela:

Luns, 13 Xaneiro, 2020 I 10:00
Luns, 13 Xaneiro, 2020 I 12:00
Martes, 14 Xaneiro, 2020 I 10:00
Martes, 14 Xaneiro, 2020 I 12:00

A concellaría de Acción Cultural programa cada tempada un programa didáctico dirixido a escolares de Santiago e de toda Galicia. Organizados a modo de sesións pedagóxicas, os programas adáptanse ás diferentes franxas de idade e promoven o coñecemento de música clásica, danza, teatro, música tradicional, etc. Ademais póñense a disposición dos centros de ensino guías didácticas para traballar na aula cos seus docentes con anterioridade á asistencia ao evento.

O programación do 2020 inaugúrase coa peza "Nómades" da compañía Xarope Tulú, un espectáculo de carácter visual onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente, sendo en ocasións difícil de definir onde comeza e remata cada un dos elementos que conforman a proposta. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos.

A entrada e gratuíta, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace, enviándoo ao correo info@auditoriodegalicia.org:
https://www.compostelacultura.gal/programadidactico

+info:
https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/n%C3%B3mades
https://www.xaropetulu.com/

1 | ... | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | ... | 73