Máis Notodofilmfest

Presentación de Grande Fabbrica na nova edición do festival

xoves, 14 de febreiro de 2013

Na súa décima edición, o festival de cine Notodofilmfest mantén a vocación de apoiar e servir de escaparate aos xoves creadores audiovisuais a través de internet.
Entre as curtas a concurso, preséntase Grande Fabbrica, dirixida por Jose Araújo e cun reparto formado por Manuel Botana, Manual Pombal, Suso Pando, Eva Sánchez e María Roja.
Para visionar a curta, premer na seguinte ligazón:
http://www.jamesonnotodofilmfest.com/cortos.html?id=cw5116c0c8631ce

Máis Notodofilmfest



http://www.jamesonnotodofilmfest.com/

Notodofilmfest

Presentación de Llena eres de gracia na presente edición do festival

xoves, 06 de decembro de 2012

Na súa décima edición, o festival de cine Notodofilmfest mantén a vocación de apoiar e servir de escaparate aos xoves creadores audiovisuais a través de internet.
Entre as curtas a concurso, preséntase a peza inédita Llena eres de gracia, dirixida por Pedro Sancho e interpretada por María Roja, con Diego Beltrán como cámara e director de fotografía, Pablo M. Lara a cargo da cor e Arte Focal na produción.
Para visionar a curta, premer na seguinte ligazón:
http://www.jamesonnotodofilmfest.com/cortos-a-concurso.html?id=cw50be62b9cec4b

Notodofilmfest



http://www.jamesonnotodofilmfest.com/

Chámalle X

IX Xornadas de Arte de Acción da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo

xoves, 15 de novembro de 2012

Entre os días 17 e 23 de novembro, terá lugar a novena edición das Xornadas de Arte de Acción Chámalle X.
A Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra máis o MARCO de Vigo acollerán nesta ocasión unha programación centrada no interese polo son que o corpo humano pode emitir ou fabricar.
Dentro da mesma, o mércores 21 de novembro ás 20 horas, na Sala X, María Roja, en colaboración con Berio Molina, presentará a súa peza Pó é pó é pó.

Chámalle X

Toda a información en:
http://webs.uvigo.es/chamalle/

Curtopía no Alg-a LAB

Presentación da película Dos soños antes do cinematógrafo de Alexandre Cancelo

venres, 26 de outubro de 2012

Festival Curtopía 2012
Mostras culturais, música e moita festa!
27 e 28 de outubro no Alg-a LAB (Valadares, Vigo)

Curtopía no Alg-a LAB

Toda a info en:
http://curtopia.es/

EDISON, ou... no FITO

5ª edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense

domingo, 07 de outubro de 2012

O luns 15 de Outubro, Demolicións Ferreira & Cía., presentará EDISON, ou dúas mil demostracións de como non facer unha lámpada eléctrica no Campus de Ourense (Sala Multiusos, Edificio de Ferro), ás 20:30 horas. A peza, dirixida por Eva F. Ferreira e interpretada por Areta Bolado, Gena Baamonde e María Roja, está incluída dentro da programación da 5ª edición do FITO.

<i>EDISON, ou...</i> no FITO


http://www.fitoourense.com/

Presentación de Dramatículas

Actividades da 29 Edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

martes, 03 de xullo de 2012

O xoves 5 de xullo ás 20,00 h. na Capela do Hospital de Cangas, dentro da 29 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Afonso Becerra de Becerreá presenta as súas Dramatículas.
Poderanse ver tamén dous microespectáculos creados a partir delas: un da actriz e performer María Roja coa colaboración de Berio Molina no espazo sonoro, e outro da actriz Paula Pier, con dirección e dramaturxia de Diana Mera.

Presentación de <i>Dramatículas</i>

http://www.mostrateatrocangas.org/

1 | ... | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 | 61 | 62 | 63