ZigZag Diario visita EXTRAMUROS

mércores, 22 de maio de 2013
ZigZag Diario visita EXTRAMUROS

Para ver a reportaxe (min 9:29) premer na ligazón:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/lito-portela-espinas-coroadas-extramuros-o-escultor-e-ceramista-daniel-caxigueiro

Adtlántida.tv

A radiotelevisión libre sae a flote

mércores, 22 de maio de 2013
Adtlántida.tv

Info: http://adtlantida.tv/

EXTRAMUROS Espazo de colisións artísticas

Inauguración do espazo e presentación do seu programa de actividades

xoves, 04 de abril de 2013

O sábado 6 de abril terá lugar a inauguración de EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas]. Será a partir das 17 horas na rúa Monforte, 8 (A Coruña).
Programa:
17:00 ::: Laura Piñeiro ::: Instalación artísticas
17:45 ::: Carlota Perez & Leo Rodriguez ::: "Inoxidable" (danza contemporánea)
18:30 ::: Mecanismo Ruso ::: Música
19:00 ::: María Roja & Berio Molina ::: "Pó é pó é pó" (performance)
20:00 ::: Nasdrovia ::: Música
21:00 ::: Axlubi-x ::: Música (Hip-hop)

JPEG - 217 KB

EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] é un novo espazo que bota a andar da man do artista e cineasta Roi Fernández e da actriz e creadora Laura Villaverde, coa fin de converterse nun lugar de encontro e intercambio entre os profesionais e estudantes das artes performativas.
EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] é tamén o espazo de traballo e creación da compañía teatral ArtesaCía e a productora multimedia SrPause Cinescapismo.
EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] é así mesmo un espazo adicado á expansión de pedagoxías artísticas: ciclos de obradoiros (Primavera / Verán / Outono/ Inverno), clases maxistrais, eventos extraordinarios ("Fora de portas"). Para tódalas idades e niveis.

http://www.espazoextramuros.org/

Feministas

luns, 18 de marzo de 2013

Baixo este título, Afonso Becerra asina un artigo en dúas partes para os boletíns nº 578 e nº 579 do Periódico de las Artes Escénicas Artezblai, co obxectivo de visibilizar o labor das mulleres traballadoras no eido das artes escénicas en Galicia.

JPEG - 2.8 KB



Para a súa lectura, premer nos seguintes enlaces:

http://www.artezblai.com/artezblai/feministas.html
http://www.artezblai.com/artezblai/feministas-ii.html

GRITO ROCK 2013

O Festival Colaborativo de Artes Integradas chega a Vigo

venres, 15 de febreiro de 2013

O GRITO ROCK é un festival mundial colaborativo que orixinalmente naceu como un circuíto cultural de tres cidades para favorecer a circulación de música independente.

Comezou a súa andaina en Brasil no ano 2005 coma unha alternativa ao carnaval tradicional e, logo de varios anos de produción colaborativa, a súa metodoloxía traspasou fronteiras chegando a celebrarse no ano 2012 nun total de 200 cidades en 20 países do continente americano.

No 2013, conectando 300 cidades de 30 países, o Festival Grito Rock tórnase global.

En Vigo, desta vez, tamén toca BERRAR!!!!!

GRITO ROCK 2013

GRITO ROCK VIGO
22-23 febreiro
Programa Alg-a LAB:

: ESPAZO HERMÉTICA
debates / presentacións / proxecións / conversas infinitas
de 17 a 22 h / Entrada de Balde
Sábado 23:
conversas infinitas sobre tecnoloxías sociais, cooperativismo, permacultura, filosofía, ruidismo, arte..
presentaciónn da Coop GZImaxinaria

:: ESPAZO BAIXO PEDRA
concertos + performances + Dj/Vj
a partir das 22.30 h / Entrada de balde

:: Programa Concertos

Venres 22
Pó é pó é pó (María Roja + Berio Molina/performance/GZ)
O Leo Arremecághona (poesía salvaxe)
igmig (electropunk/GZ)
Dj Tx + VJ man _ hauser

Sábado 23
RedAnts (electroacústica-tempo real /IT-GZ)
Suelen Estar Quartet (contemporánea/GZ)
Cró! (rock experimental/GZ)
DJ Carina Posse (De)+ Vj man _ hauser (gz)

:: cómo chegar
http://algalab.weebly.com/coacutemo-chegar.html

http://gritorock.com.br/
http://algalab.weebly.com/grito-rock-vigo-2013.html

Máis Notodofilmfest

Presentación de Grande Fabbrica na nova edición do festival

xoves, 14 de febreiro de 2013

Na súa décima edición, o festival de cine Notodofilmfest mantén a vocación de apoiar e servir de escaparate aos xoves creadores audiovisuais a través de internet.
Entre as curtas a concurso, preséntase Grande Fabbrica, dirixida por Jose Araújo e cun reparto formado por Manuel Botana, Manual Pombal, Suso Pando, Eva Sánchez e María Roja.
Para visionar a curta, premer na seguinte ligazón:
http://www.jamesonnotodofilmfest.com/cortos.html?id=cw5116c0c8631ce

Máis Notodofilmfest



http://www.jamesonnotodofilmfest.com/

1 | ... | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 | 61 | 62 | 63 | 64 | ... | 65