Oasis Paraíso

"2419CJX" no TRCDanza

sábado, 01 de setembro de 2018
Oasis Paraíso

Oasis Paraíso é un programa triple composto por distintos traballos que foron desenvolvidos durante o programa de Residencias Paraiso 2017, un programa de residencias artísticas para as artes vivas en Galicia impulsado polo Colectivo RPM co apoio da AGADIC.
A velada arrancará co traballo en proceso 2419CJX de Begoña Cuquejo e María Roja, seguido da peza As vacacións máis longas de Diego M. Buceta e, finalmente, Barba Inguinal de Ailén Kendelman e Areta Bolado.
A cita terá lugar o 15 de setembro ás 20:30h no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.

+Info e venda de entradas:
https://www.pe-trcdanza.gal/2018-oasisparaiso

Festival 85C

Estrea da performance "Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov", de María Roja en colaboración con Maria Chiginskaya

mércores, 08 de agosto de 2018
Festival 85C

Sábado 8 setembro
17:30h
MARCO, Vigo

Festival 85C

+info:
https://asociacion85c.wordpress.com/ada-ou-contar-de-memoria-unha-novela-de-nabokov/
https://www.facebook.com/85cproxecto/

Pedra, papel, belisco

Laboratorio de performance facilitado por Blanco&Roja

venres, 03 de agosto de 2018
Pedra, papel, belisco

+ info e inscricións:
http://aaag.gal/novas/312/pedra-papel-belisco-obradoiro-performance-blanco-roja-fetega

Preestrea de "Sendeiro"

Sar en cinema

xoves, 02 de agosto de 2018

A curtametraxe Sendeiro, dirixida por Lucía Estévez e cun elenco formado por Cristina Andrade, María Roja, Xoel roupar e Simón da Torre, amosarase por primeira vez ao público o vindeiro 9 de agosto, dentro da programación do evento "Sar en Cinema", no Centro Sociocultural de Sar (Santiago de Compostela) ás 22 h.

+info:
https://www.facebook.com/sendeiroshortfilm/

"Felicidad"

A curta comeza a súa andaina por festivais

venres, 27 de xullo de 2018

"Felicidad", a curtametraxe dirixida por Alfonso Díez Veiga e protagonizada por Dani Lago e María Roja, comeza a súa andaina por festivais trala súa recente selección en: FECINEU Festival Internacional de Cine Independente de Neuquen (Arxentina), XOCIVIGA do Carballiño e Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

+info:
https://www.facebook.com/Felicidad.corto.futurista/

Estrea de "Nómades"

Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

martes, 12 de xuño de 2018

Somos nómades, transitamos sen morada nin corpo fixo. Habitamos a beleza do diverso, esa beleza que dá cor aos outros corpos e facilita a aparición de novas tonalidades, texturas e xeitos de vivir. Onde non existe un corpo equivocado, onde é posible imaxinar ás persoas en abstracto.

A MITCFC acolle o vindeiro 3 de xullo ás 21 horas no Auditorio Municipal de Cangas, a estrea de Nómades, a última produción da compañía galega de artes escénicas dirixidas á infancia e á xuventude Xarope Tulú.

Estrea de "Nómades"

NÓMADES somos:
Creación: Atenea García, Nicolás Zamorano, Gena Baamonde, Diego M. Buceta e María Roja
Dirección: Gena Baamonde
Elenco: María Roja, Atenea García e Diego M. Buceta
Música orixinal: Nicolás Zamorano
Deseño de iluminación: Laura Iturralde
Escenografía: Nicolás Zamorano
Vestiario: Marte Martinka
Deseño cartel: Alba Blanco
Técnico Luz/Son: Nicolás Zamorano
Asesoría maxia: Héctor Guerra
Video: Caneca
Produción: Xarope Tulú
Distribución: Urdime

+info:
http://www.mostrateatrocangas.org/index.php?option=com_zoo&task=item&item_id=348&Itemid=131&lang=gl#

1 | ... | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | ... | 62