XXI Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas

Dirixidas por Quico Cadaval e Cristina Domínguez

xoves, 09 de novembro de 2017
XXI Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas

Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) colabora coa Fundación SGAE na organización dúas lecturas dramatizadas en Santiago de Compostela dentro do XXI Ciclo de Lecturas Dramatizadas, promovido pola SGAE a nivel estatal e que ten como obxectivo promocionar os autores para a difusión das súas obras, así como apoiar os dramaturgos e estimular a creación. Ambas as dúas lecturas son de acceso gratuíto.

A primeira delas celebrarase o vindeiro mércores 8 de novembro ás 21.00 horas na Sala Germán Coppini da Fundación SGAE (Rúa Salvadas, 2A). O texto escollido para a ocasión é Atrevereime, da dramaturga Teresa González Costa. A directora Cristina Domínguez encargarase da dirección dunha peza interpretada por Marián Bañobre, Ricardo de Barreiro, Victoria Pérez, Davide González e Roberto Leal.

A segunda das Lecturas Dramatizadas centrarase no texto A Arañeira, de Raúl Dans. Quico Cadaval será quen dirixa a sesión na que participarán Vicente Mohedano, Rebeca Montero e María Roja. A cita será o martes 14 de novembro ás 21,00 horas no mesmo recinto. As entradas para ambas lecturas son de balde.

+info:
http://aaag.gal/novas

ZigZag Diario achégase ao Paraíso

María Roja e Begoña Cuquejo falan da súa residencia no Teatro Rosalía

xoves, 09 de novembro de 2017
ZigZag Diario achégase ao Paraíso

María Roja e Begoña Cuquejo falan de Residencias Paraíso... As duas actrices pasan moito tempo no coche. A sua condición nómada serviu de detonante para a primeira residencia artística dun programa piloto de residencias artísticas para as artes do movemento. Tivo como escenario o Teatro Rosalía Castro de A Coruña.

Para accader á reportaxe premer no seguinte link:
http://www.crtvg.es/informativos/residencias-paraiso-con-maria-roja-e-begona-cuquejo-3535325

VI Festival de Cine de Terror Panic

O Mago Teto ritualizará o inicio do festival da Estrada

mércores, 01 de novembro de 2017
VI Festival de Cine de Terror Panic

Este vindeiro venres, coincidindo coa festividade do Samaín, comezará a 6ª edición do Festival de Terror PANIC cunha procesión da Santa Compaña polas rúas da vila na que participarán todos os centros educativos da mesma. Os actos previstos son os seguintes:

16.30 h: Obradoiro de Maquillaxe na Praza da Feira
18.00 h: Maquillaxe dxs participantes na procesión (Praza da Feira)
19.00 h: Procesión polas rúas da vila
19.30 h: Chegada á Praza do Concello e recepción a cargo do Mago Teto coa colaboración de María roja
20.00 h: Chocolatada popular para xs participantes

+info:
http://app.aestrada.com/eventos/ficha/519/gl

Assamblé

Encontro con María Roja no Conservatorio de danza

martes, 17 de outubro de 2017
Assamblé


No proxecto Assamblé, en colaboración coa Deputación Provincial La Coruña achegamos ao alumnado do Conservatorio de Danza da Coruña a creación contemporánea e o proceso creativo.
Ademais da creación dunha peza pilotada polo artista Alexis Fernández - Maca, propoñemos encontros con profesionáis das artes vivas que poidan trasladar distintas ramas da creación artística que orbitan arredor da creación escénica, como por exemplo a dramaturxia, o deseño de iluminación, a escenografía, o espacio sonoro... transmitindo as múltiples vertentes artísticas que arroupan a creación coreográfica.
Temos a sorte de comezar con María Roja, unha creadora galega, artista visual, performer e actriz. O seu traballo bebe das Belas Artes, do teatro e da danza dando lugar o seu universo creativo nos eidos das artes escénicas e visuais. Un encontro con María Roja é un espazo onde coñecer a esta artista e as súas claves a hora de abordar o proceso creativo.
Este encontro está aberto a todas as persoas interesadas, se queredes achegarvos soamente tedes que escribir ao mail trcdanza@gmail.com

+info:
https://www.pe-trcdanza.gal/

Unha ollada ás Residencias Paraíso

Vídeo-documento do proceso de creación de "2419CJX" no Teatro Rosalía de Castro

martes, 17 de outubro de 2017

+info:
https://www.colectivorpm.gal/residencias-paraiso

Comareacast

María Roja entra a formar parte da axencia de actores e actrices

domingo, 15 de outubro de 2017
Comareacast

https://www.comareacast.com/maria-roja

1 | ... | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | ... | 63