"O estado cru" no Salón Teatro

Conversa "Repertorio e improvisación", con María Roja entre xs convidadxs

venres, 29 de setembro de 2017

O escritor, actor e editor Antón Lopo constrúe unha conversa con Javier Martín no escenario do Salón Teatro, acompañados por distintos axentes do contexto escénico galego, convidados para a ocasión. Comezarase por un repaso á traxectoria creadora do coreógrafo e bailarín (investigacións en comunidade, experiencias, pezas...), que servirá como escusa para abordar cuestións sobre o exercicio da práctica creadora, abrindo a conversa a todxs xs presentes ao contexto das artes vivas. A través das experiencias particulares dxs convidadxs (entre xs que estarán María Roja, Ania González, Horacio González, Sabela Mendoza, Cristina Balboa, Manuel Parra, Marta Pérez, Ánxela Blanco, Iván Arias e Jorge Linheira), pasarase a imaxinar, divulgar e reivindicar os distintos usos dos espazos teatrais, museísticos e académicos: residencias, prácticas, programación expandida, itinerarios formativos, etc.; prestando atención a como se conxugan hoxe as ideas de repertorio, novidade e improvisación.

Mércores 4 de outubro de 18.00 a 20.00
Salón Teatro, Santiago de Compostela
Entrada gratuíta ata completar a capacidade da sala

https://www.facebook.com/pg/caossensible/posts/

Entre a escena e a arte de acción

Coa presenza de María Roja, Mullerona e Lola Correa

venres, 15 de setembro de 2017
Entre a escena e a arte de acción

https://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=13247&Itemid=42

Presentación ao público do proxecto "2419CJX"

Programa de residencias artísticas Paraíso

sábado, 09 de setembro de 2017

Dentro da súa proposta de diálogo coa comunidade, María Roja e Begoña Cuquejo Suárez propoñen abrir o teatro a calquera persoa interesada en achegarse para coñecer o proxecto de investigación e creación "2419CJX", no que están traballando na Residencia Paraíso.
A partir das 19:30 h no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña).

Presentación ao público do proxecto "2419CJX"

Imaxe: Ángel Sousa

Residencias Paraíso

"2419CJX" de Begoña Cuquejo e María Roja, entre os proxectos seleccionados

martes, 22 de agosto de 2017
Residencias Paraíso

Residencias Paraíso é o nome dun programa piloto de residencias artísticas para as artes do movemento en Galicia que xorde grazas á colaboración entre Colectivo RPM, como entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia, e a Axencia Galega das Industrias Culturais.​ Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación, impulsar a formación de novas agrupacións de artes do movemento, así como alimentar as necesidades das compañías consolidadas do territorio galego durante os seus períodos de creación, entendendo por residencia artística un espazo e un tempo dedicado á investigación ou creación.

+info:
https://www.colectivorpm.gal/residencias-paraiso

Ágora Cultural

Palimoco presenta "Queres que cho conte?"

luns, 14 de agosto de 2017
Ágora Cultural

Mércores 30 de agosto
Praza Maior (Lugo) ás 12:00 horas
Praza da Milagrosa (Lugo) ás 20:00 horas

Queres que cho conte? Os contos, díxoo un narrador oral quéchua, cóntanse para durmir o medo. Contar un conto equivale a un aloumiño ou a un bico nas meixelas inocentes dun neno ou dunha nena. Mentres se conta un conto párase o tempo, viáxase a outra dimensión, recréanse emocións e sucede o milagre da comunicación entre quen conta e os que escoitan. O proxecto Queres que cho conte? que promove a Área de Cultura, Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, procura achegar algúns dos moitos contos rescatados da nosa gran tradición de narradores e narradoras orais e pousalos, con agarimo, no oído apetente daquelas e daqueles que desexan parar o mundo para volver a vista, e todos os sentidos, e reparar nas cousas bonitas da nosa tradición. E unha desas cousas, deses feitos bonitos que merece moito a pena é este de recuperar a narración oral como soporte de transmisión de cultura, pois canda o texto, canda o conto, na mesma equipaxe e ao mesmo prezo, viaxan en harmonía a lingua, a cultura propia, a fantasía, a imaxinación, a ilusión, o futuro, a esperanza… Da execución do proxecto encargouse o equipo de Palimoco Teatro coordinado por Paloma Lugilde: selección dos contos, elaboración do guión dramático, a composición das músicas axeitadas, e ducias de ensaios para rematar coa gravación no estudo Abrigueiro de Arturo Vaquero e a posterior edición do audio e do texto impreso.

Un proceso longo e complexo para recrear estes textos herdados da tradición valéndose dos recursos das novas tecnoloxías e das propostas da dramaturxia actual. Actrices e actores, músicos, debuxantes e técnicos que prestaron as súas valiosas capacidades creativas, con entusiasmo e ilusión, para que aquelas voces vellas dos nosos devanceiros, case inaudibles por esquecidas, reverdezan con alento neste século XXI. As recreacións dos nove contos seleccionados para o proxecto Queres que cho conte? tiveron en conta preferentemente versións recompiladas na provincia de Lugo, versións que non son nin mellores nin peores ca outras que se tivesen recompilado noutros lugares de Galicia ou do mundo pero teñen a marca, o sinal propio da lingua e da cultura das diferentes xeografías luguesas, son a herdanza de quen sabe cantas xeracións de sucesivos narradores e narradoras asentados, quen sabe desde cando, se cadra desde ese infinito que chamamos sempre, en lugares, aldeas e vilas lucenses, e ademais foron recollidos para traballos escolares ou de investigación nas contornas onde alguén, mestre ou mestra, alumno, alumna ou curioso, quixo responder á pregunta de onde veñen os contos.Os protagonistas da maioría destes contos son animais (raposos ou raposas, ratos, caracois, cans, burros, galos, gatos, ovellas, lobos, piollos, pulgas) pero tamén andan enleados neles persoas de carne e óso, algún anano ou xigante, e outros elementos coma o vento, a auga, o lume, o sol…

Personaxes, elementos, situacións, estruturas narrativas e recursos propios das fábulas e dos contos encadeados que tradicionalmente se usaban para ilustrar ao neno ou nena, aprendices da vida, nas estratexias máis efectivas para sobrevivir, para exercitar a memoria ou para diferenciar vicios e virtudes. Aquí están o lobo torpe e grande que sempre é vencido polo raposo raposeiro. O mesmo pasa cando un anano tropeza cun xigante ou cando un animal, vítima probable do home, tira de maña e astucia para darlle unha lección ao suposto ser superior. Todos os contos tiñan nas sociedades tradicionais carácter didáctico, ás veces tamén fins moralizantes, pero hai un valor engadido implícito que non deberamos esquecer en tempos de barbarie; animais e persoas mesturados, interdependentes, constitúen elos necesarios da cadea de equilibrio que fai que a natureza permaneza.

Té con Kant

Inversa Teatro chega a Mondariz da man do afamado filósofo

mércores, 09 de agosto de 2017

Venres 11 de agosto
Praza de Abastos de Mondariz (Pontevedra)
22 horas

Té con Kant

www.facebook.com/teconkant.enkonigsberg
www.facebook.com/inversateatro
http://www.inversateatro.com/

1 | ... | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | ... | 63