Titulada Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e Licenciada en Belas Artes cun Máster en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo. Completa a súa formación nos eidos da actuación e da interpretación da man de Alicia Framis, José Luis Raymond, Ana Vallés, Dora García, Nieves Correa, Abel Loureda, Idoia Zabaleta, José Piris, Nikolai Karpov, Berg Wagenaar, Wlodzimierz Staniewski, Agustí Vila, Iñaki Moreno mais membros das compañías Temple Theatre e Siti Company; así mesmo, profunda en técnicas do corpo e na danza con Juan Carlos Zahera, Ana Serna, Daniel Abreu, Javier Martín, Dominick Boruki, Maria Shmaevich, Núria Inglada, María Costas, Jordi Cortés e Arnold Tarraborelli, entre outrxs.
Vinculada ao grupo de teatro amador Quartoescuro ao longo da súa etapa universitaria, traballa posteriormente como actriz profesional nas compañías Matarile, Centro Dramático Galego, Contraproducións, Inversa Teatro, TrasPediante, Aporía Escénica, Demolicións Ferreira & Cía, Contarte, Fulano Mengano e Citano, Galitoon, Xarope Tulú, Os Náufragos Teatro, Producións Paloma Lugilde, Mago Teto, Zancalino e Animar-t. Formou parte do Equipo Artístico e de Redacción de Núa, Revista de Artes Escénicas.
No campo audiovisual, roda baixo a dirección de cineastas como Ignacio Vilar (Vilamor), Alexandre Cancelo (Dos soños antes do cinematógrafo), Breogán Riveiro (Maratón) ou Simón Casal (Lobos Sucios), e protagoniza 9 fugas, filme de Fon Cortizo de recoñecemento internacional. Forma parte do reparto das series de televisión Hospital Real, Dalia a modista, O sabor das margaridas, A estiba, Serramoura, Método Criminal e Hasta el cielo.
No ámbito da performance, vén traballando pezas en solitario ou en colaboración con outrxs artistas como Fran Martínez, Chiu Longina, Berio Molina, Quimera Rosa, Alba Blanco, Ana Gesto, Carlos Tejo, Adriana Pazos Ottón, Begoña Cuquejo, Juanma LoDo, asformigas, Silvia Penas, Andrea Mosquera ou Cecilia Perea. É cofundadora dos colectivos áIntemperie e Blanco&Roja mais do fato bicéfalo Ohn, proxectos situados no campo da arte de acción. Forma parte do corpo colectivo transfronteirizo Límites.
Recibiu o Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria pola súa actuación en O Tolleito de Inishmaan e foi candidata nos mesmos premios a Mellor Actriz Protagonista por Martes de Carnaval.
Actualmente compaxina o labor investigador no programa de doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea da UVigo coa actividade docente, o deseño escenográfico e o traballo creativo nos eidos das artes escénicas e visuais.
Vinte, creación colectiva. Dir. Gustavo del Río. Os Náufragos Teatro
Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva. Dir. Gena Baamonde. CDG/AAAG
A xustiza pola man #Agra, de Iolanda Martínez, Carme Adán, Cristina de la Torre. Dir. Marta Pérez, María Roja. Consello da Cultura Galega
A Peste, de Albert Camus. Dir. Cándido Pazó. Centro Dramático Galego
Ultreia. Dir. José Prieto. Producións O Mago Teto
Hugo. Dir. Gustavo del Río. Os Náufragos Teatro (Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil)
Soga e Cinsa. Dir. Diana Mera. Aporía Escénica / MIT Ribadavia
A lúa, válvula de spray, de Rosalía Fernández Rial. Dir. Quico Cadaval. FIOT / LIDISS
Onde viven os monstros, de Maurice Sendak. Dir. Gustavo del Río. Os Náufragos Teatro
Poeta en Nova York, de Federico García Lorca. Dir. Paloma Lugilde. Teatro baixo da area / CDG
Neorretranca e Posmorriña: Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte. Dir. Gena Baamonde. Centro Dramático Galego
Sofía e as Postsocráticas, creación colectiva. Dir. Marta Pérez. Inversa Teatro
Nómades, creación colectiva. Dir. Gena Baamonde. Xarope Tulú
A arañeira de Raúl Dans. Dir. Quico Cadaval. Fundación SGAE
Especial Santa Compaña. Dir. Héctor Guerra. Producións O Mago Teto
Queres que cho conte?. Dir. Paloma Lugilde. Palimoco Teatro
Martes de Carnaval. Dir. Marta Pazos. Centro Dramático Galego
Sol negro. Dir. Evaristo Calvo. Noite Bohemia
X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico: Punto de vista de Avelina Pérez, Un bo final de Carolina Alba Castro Estévez, O quinto inverno de Eva F. Ferreira. Dir. Marta Pazos. Radio Galega
Antes de la metralla. Dir. Ana Vallés. Matarile Teatro
O tolleito de Inishmaan de Martin McDonagh. Dir. Cándido Pazó. Contraproducións (5 Premios María Casares)
25 anos de Tolemaxias. Dir. Héctor Guerra. Producións O Mago Teto
Planificar a caída, creación colectiva. Dir. Begoña Cuquejo. TrasPediante
Baleadas de Estevo Creus. Dir. Begoña Cuquejo e Marta Alonso. TrasPediante
Os reloxos preguiceiros de Néboa de Xavier Lama. Dir. Diana Mera. Aporía Escénica
El Cuello de la Jirafa. Dir. Ana Vallés. Matarile Teatro
Lavar, marcar e enterrar de JuanMa Pina. Dir. Pedro Sancho. Contarte
30 e tantos ósos, creación colectiva. Dir. Diana Mera. Aporía Escénica (Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal)
Pintor Antonio Fernández. Dir. Manuel Pombal. Fulano, Mengano e Citano
Lendas galegas. Dir. Xiada Sanlés e Miguel Strada. Animar-t
Os anos 80. Dir. José Prieto. Producións O Mago Teto
Té con Kant. Dir. María Caparrini e Marta Pérez. Inversa Teatro (I Premio Coiro de Pita 2015)
EDISON, ou dúas mil demostracións de como non facer unha lámpada eléctrica, creación colectiva. Dir. Eva F. Ferreira. Demolicións Ferreira & Cía. (Residencia II Vigo en Bruto, Teatro Ensalle)
Golulá de Andrea Bayer. Dir. Santiago Alonso e Luis Miguel Rodríguez. Galitoon
S/T (domingo). Dir. Fran Buceta e María Roja. áIntemperie (Residencia I Vigo en Bruto, Teatro Ensalle)
Basilio, o meu amigo imaxinario. Dir. Luis Miguel Rodríguez e Santiago Alonso. Galitoon
O rato de biblioteca. Dir. Paloma Lugilde. Palimoco Teatro
Barbazul dos Irmáns Grimm. Dir. Alfonso Rivera. ESAD
Auria: A viaxe milenaria. Dir. Aitor Rei. Zancalino Produs
A Maxia da Santa Compaña. Dir. José Prieto. Producións O Mago Teto
Hasta el cielo, dir. Daniel Calparsoro. Vaca Films / Netflix
Método Criminal, dir. Jorge Saavedra. Voz Audiovisual
Serramoura, dir. Jorge Saavedra. Voz Audiovisual
A estiba, dir. Miguel Conde. Voz Audiovisual
O sabor das margaridas, dir. Miguel Conde. CTV
Dalia, a modista, dir. Giselle Llanio. CTV
Hospital Real, dir. Jorge Cassinello. Ficción Producciones
9 fugas, dir. Fon Cortizo. Xas Films (Premio á Mellor Longametraxe no Festival Internacional de Cine de Xixón, Premio Mestre Mateo á Mellor Música Orixinal, Premio CREA á Mellor Dirección Galega no Festival Primavera do Cine, Premios á Mellor Longametraxe, Mellor Longametraxe Iberoamericana e Mellor Director no Caracas Iberoamerican Film Fest)
Lobos Sucios, dir. Simón Casal. Agallas Films
Maratón, dir. Breogán Riveiro. Formato Producciones
Dos soños antes do cinematógrafo, dir. Alexandre Cancelo. Hidra Films
Vilamor, dir. Ignacio Vilar. Vía Láctea Filmes
Sophias, dir. Cristina de la Torre. Consello da Cultura Galega
Xan, de Miguel Canalejo e Lucía Estévez. Dir. Lucía Estévez
O neno sardiña, dir. Lucía Estévez. Cósmica Producións (Sección Oficial FICX)
Paradoxo (vídeopaseo), dir. Marcos PTT. Extramundi
Sendeiro, dir. Lucía Estévez. Audibeesual
Felicidad, dir. Alfonso Díez
Area, dir. Anxos Fazáns. Audiobeesual
Todo por Galactus, dir. Jose Araújo e Rodrigo Lamoso. Mendufest Productions
Orixe, dir. Ana García. EAV Vigo
A Casa, dir. Alba Blanco. BBAA Pontevedra
Grande Fabbrica, dir. Jose Araújo. EAV Vigo
Llena eres de gracia, dir. Pedro Sancho. Arte Focal
Carapuchiña e o pobo feroz, dir. Jose Araújo. Que conto! Producións. (Sacho de Ouro á mellor curta no Festival Curtello 2011)
Cea máxica, dir. Ánxela Pazos. EIS Coruña
Non corras que te pillo, dir. Daniel Veira. EIS Coruña
Namorados nun parque, dir. Adrián Bello. EIS Coruña
Los ojos del hombre, dir. Ángel Seoane. FCSC Pontevedra
It´s So Easy, (Eagles of Death Metal) dir. Gero Costas, Producciones Mutantes
O traxe de María, (Velpister) dir. Jesús Andrés Tejada, Límites
God Of Thunder, (Eagles of Death Metal) dir. Gero Costas, Producciones Mutantes
Who´s gonna care, (ORDET) dir. Jesús Andrés Tejada
Miedo, (Mecanismo Ruso) dir. Oswald
O deserto, (CintaAdhesiva) dir. Jesús Andrés Tejada
You, home, (Cora Sayers) dir. Gero Costas e Romina Doce, Producciones Mutantes
City of Alexandria, (Agoraphobia) dir. Xaime Miranda
Burning Blue, (Forest and dove) dir. Héctor Diéguez
Conversa ultramarina, (Apenino) dir. Alexandre Cancelo
Wilda, (Cró!) dir. Jose Araújo
DicDacDocs, dir. David Hernández. Adarme Visual
Tres, dir. Juanjo Giménez. Frida Films
En Ames témolo todo, dir. Ángel Sousa. Xurdir
Promoción artesanía lucense, dir. Sabela Eiriz. Deputación de Lugo
Peza para bimbar ao ar
2,2 quilómetros de alento, con Andrea Mosquera
Leçons du samedi, con Vanesa Varela
Cada cana catro niños
Clareo
Cu2O, con Límites
Flores para un touro de lida, con Límites
Leçons du vendredi, con Vanesa Varela
Isto non é un concerto de Velpister, con Límites
Can Cancela Calafrío #CompostelaEnNegro
Trigémeo. Tríptico para um tríptico, con Límites
Meminiss-e
Desafios de alta tensão, con Silvia Penas
Rastrexo en 570 pasos
Can Cancela Calafrío #2
Límites Manifesta, con Límites
Doorkijkje. 7 miradas para 12 puntos de vista
Sweet Apocalipse, con Límites
Zona Límites, con Límites
Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov #Пандемия, con Maria Chiginskaya
Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov #Domus, con Maria Chiginskaya
Ana María, estuve pensando a pesar mío, con Mara Teatro Performativo
Facerse-a, Enredarse-ante, Tornarse-baixo, con asformigas
2419CJX. O corpo-casa dunha artista nómade, con Begoña Cuquejo
Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov, con Maria Chiginskaya
Pasaescalabra, con Blanco&Roja
Can Cancela Calafrío
Agallope, con Santi Romay
(Re)acciona, con Blanco&Roja
Barbazul #O pano, con Blanco&Roja
Off Roulette, con Blanco&Roja
Dasein, con Adriana Pazos Ottón
Plato!, con Blanco&Roja
Taedium feminae, con Blanco&Roja
Facerse a morta no medio do corredor
Barbazul, con Blanco&Roja
Nin unha menos, con Ana Gesto
BINGO! Acto Efémero Sen Pretensións (AESP) #6, con Carlos Tejo, Irene Esperón, Blanco&Roja
Seis accións para unha tarde de domingo, con Blanco&Roja
Microasterismos, con Ohn
Cóctel de parqueadero
Chinooo
Akelarre, con Quimera Rosa
Pó é pó é pó, con Ohn
Europa
Sonosfera de A Coruña, con Chiu Longina
Burning Bright
Devuison, con Ohn
ST (resaca de domingo), con áIntemperie
Sonosfera de Vigo, con Chiu Longina
Ansia
Así doe un verán
Unha maneira de vestir a bandeira
Pas de deux
Coreografía do absurdo
CÁLLATE ZORRA, co Grupo Cállate Zorra
Insignificancias
Levi Stragos
Disfraz de artista
Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea. Universidade de Vigo
Máster en Artes Escénicas. Universidade de Vigo
Titulada Superior en Arte Dramática, especialidade en Interpretación Textual. ESAD de Galicia
Licenciada en Belas Artes. Universidade de Vigo
Laboratorio de voz, prof. María Costas. Formación online
Bio-Trans-Lab, prof. Paula Pin. TRC Danza, Teatro Colón, A Coruña
IV Congreso Internacional Performa. USC
IV Xornada de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción. NORMAL, A Coruña
III Congreso Internacional de Arte de Acción. Fugas e Interferencias. UVigo e CGAC
XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. O rol da muller na literatura de tradición oral. Deputación Provincial, Lugo
II Congreso de Arte de Acción. Fugas e Interferencias. UVigo e CGAC
Corpo e vibración, prof. Javier Martín. Salón Teatro, Santiago de Compostela
A través do aire, prof. Daniel Abreu. Salón Teatro, Santiago de Compostela
Inicio-Estalla, prof. Idoia Zabaleta. Museo Centro Gaiás, Santiago de Compostela
Introdución á técnica actoral Sandford Meisner, prof. Iñaki Moreno. Fundación SGAE, Santiago de Compostela
I Congreso de Arte de Acción. Fugas e Interferencias. UVigo e CGAC
Narrativas del cuerpo. Taller de performance, prof. Nieves Correa e Abel Loureda. MATSU, Madrid
El amor aparece en lugares inesperados. Taller de performance, prof. Dora García. MACBA, Barcelona
Grupo de reflexión en Escenas do cambio, facilitado por Claudia Dias e Ioia Zabaleta. Museo Centro Gaiás, Santiago de Compostela
Curso Sin Pretexto, prof. Agustí Vila e Ermel Morales. Padel Box, Vigo
Taller de video-danza, prof. Man Hauser. Alga-a LAB, Vigo
Masterclass de adestramento Suzuki e Viewpoints, SITI Company. Extramuros, A Coruña
Curso de técnica vocal Roy Hart, prof. Núria Inglada. A Artística, Vigo
Curso de danza Kathakali, Compañía Teatro Tascabile di Bergamo. Escénika, ESAD, Vigo
Taller de teatro, prof. Wlodzimierz Staniewski. Escénika, ESAD, Vigo
Iluminación no teatro e na danza. Sólido, líquido e gaseoso, prof. Baltasar Patiño. Escénika, ESAD, Vigo
O rito corporal no teatro. Danza para actores, prof. Arnold Tarraborelli. Escénika, ESAD, Vigo
Performance escénica e actos poéticos, prof. José Piris. MACUF, A Coruña
O Vicio de Mirar, prof. Ana Vallés. Teateatre, Lugo
Taller de escenografía, prof. Modesto Braulio Flórez. Escola de Imaxe e Son de Vigo RTV, Vigo
Manipulación de monicreques e prácticas escénicas, Galitoon. Santiago de Compostela
Creating New Theatre, Temple Theatre. Actfestival, Bilbao
Physical Theatre, prof. Jordi Cortés DV8 Co. Actfestival, Bilbao
Dancefilm, prof. Jordi Cortés DV8 Co. Actfestival, Bilbao
Teatro improvisado para cambiar el comportamiento, prof. Berg Wagenaar. Actfestival, Bilbao
Laboratorio escénico, prof. Nikolai Karpov e Maria Shmaevich. Teatro do Giglio di Lucca, Italia
Composición instantánea, prof. Dominic Borucki. A Artística, Vigo
Actuación e interpretación en el espacio escénico, prof. Jose L. Raymond. MACUF, A Coruña
Every day life art, prof. Alicia Framis. MUSAC, León
Memoria do teatro Galego 1936. ESAD, Vigo
Danza Contemporánea. Conservatorio Mayeusis, Pontevedra
Danza Clásica. Centro Danza Lugo, Lugo
Danza Clásica. Taller de Danza de Juan Carlos Zahera, Lugo
Finalista Premio María Casares á Mellor Actriz protagonista por Martes de Carnaval, do Centro Dramático Galego
Premio María Casares á Mellor Actriz secundaria por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións