{"id":14930,"date":"2026-07-03T16:40:45","date_gmt":"2026-07-03T14:40:45","guid":{"rendered":"https:\/\/mariaroja.com\/?p=14930"},"modified":"2026-07-03T16:46:43","modified_gmt":"2026-07-03T14:46:43","slug":"bienal-de-artes-vivas-de-pontevedra-resistir-desde-o-corpo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/bienal-de-artes-vivas-de-pontevedra-resistir-desde-o-corpo\/","title":{"rendered":"Bienal de Artes Vivas de Pontevedra: resistir desde o corpo"},"content":{"rendered":"<div  class='flex_column av-5kqrj5-24b0342ea97579ccbd0168b9526dc643 av_one_fifth  avia-builder-el-0  el_before_av_three_fifth  avia-builder-el-first  first flex_column_div  '     ><\/div>\n<div  class='flex_column av-3q9pu9-abf8e6ad32f36389cd95c324ac3ba13a av_three_fifth  avia-builder-el-1  el_after_av_one_fifth  el_before_av_one_fifth  flex_column_div  '     ><p>\n<style type=\"text\/css\" data-created_by=\"avia_inline_auto\" id=\"style-css-av-lkjgnchl-f6bde551a6d07d832eeb78055ec16f4c\">\n.avia-image-container.av-lkjgnchl-f6bde551a6d07d832eeb78055ec16f4c img.avia_image{\nbox-shadow:none;\n}\n.avia-image-container.av-lkjgnchl-f6bde551a6d07d832eeb78055ec16f4c .av-image-caption-overlay-center{\ncolor:#ffffff;\n}\n<\/style>\n<div  class='avia-image-container av-lkjgnchl-f6bde551a6d07d832eeb78055ec16f4c av-styling- avia-align-center  avia-builder-el-2  el_before_av_hr  avia-builder-el-first '   itemprop=\"image\" itemscope=\"itemscope\" itemtype=\"https:\/\/schema.org\/ImageObject\" ><div class=\"avia-image-container-inner\"><div class=\"avia-image-overlay-wrap\"><img decoding=\"async\" fetchpriority=\"high\" class='wp-image-14943 avia-img-lazy-loading-not-14943 avia_image ' src=\"https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/bienalpontevedra_20260326_p_3861300349676077326_1_3861300349676077326.jpg\" alt='' title='bienalpontevedra_20260326_p_3861300349676077326_1_3861300349676077326'  height=\"1566\" width=\"1252\"  itemprop=\"thumbnailUrl\" srcset=\"https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/bienalpontevedra_20260326_p_3861300349676077326_1_3861300349676077326.jpg 1252w, https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/bienalpontevedra_20260326_p_3861300349676077326_1_3861300349676077326-240x300.jpg 240w, https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/bienalpontevedra_20260326_p_3861300349676077326_1_3861300349676077326-823x1030.jpg 823w, https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/bienalpontevedra_20260326_p_3861300349676077326_1_3861300349676077326-768x961.jpg 768w, https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/bienalpontevedra_20260326_p_3861300349676077326_1_3861300349676077326-1228x1536.jpg 1228w, https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/bienalpontevedra_20260326_p_3861300349676077326_1_3861300349676077326-1199x1500.jpg 1199w, https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/bienalpontevedra_20260326_p_3861300349676077326_1_3861300349676077326-564x705.jpg 564w\" sizes=\"(max-width: 1252px) 100vw, 1252px\" \/><\/div><\/div><\/div><br \/>\n\n<style type=\"text\/css\" data-created_by=\"avia_inline_auto\" id=\"style-css-av-lo8f1ohw-7cfeebca6e61425b004a29424758d797\">\n#top .hr.hr-invisible.av-lo8f1ohw-7cfeebca6e61425b004a29424758d797{\nheight:40px;\n}\n<\/style>\n<div  class='hr av-lo8f1ohw-7cfeebca6e61425b004a29424758d797 hr-invisible  avia-builder-el-3  el_after_av_image  el_before_av_textblock '><span class='hr-inner '><span class=\"hr-inner-style\"><\/span><\/span><\/div><br \/>\n<section  class='av_textblock_section av-lkjgjgpd-63f0cb8fb9390888168435decebc3b4e '   itemscope=\"itemscope\" itemtype=\"https:\/\/schema.org\/BlogPosting\" itemprop=\"blogPost\" ><div class='avia_textblock'  itemprop=\"text\" ><h3>Bienal de Artes Vivas de Pontevedra: resistir desde o corpo<\/h3>\n<p><strong>Manuel Xestoso asina para N\u00f3s Diario un artigo sobre a primeira edici\u00f3n de <em>Nas Marxes<\/em><\/strong><\/p>\n<p><strong>O convento de Santa Clara abriu esta quinta feira as portas \u00e1 I Bienal de Artes Vivas de Pontevedra. Baixo o t\u00edtulo &#8216;Nas marxes&#8217;, I\u00f1aki Mart\u00ednez Antelo comisar\u00eda 22 pezas que po\u00f1en o corpo e a experiencia compartida no centro do debate actual. <\/strong><\/p>\n<p>Esta quinta feira inaugurouse no antigo Convento de Santa Clara a primeira edici\u00f3n da Bienal de Artes Vivas de Pontevedra, unha cita que, baixo o comisariado de I\u00f1aki Mart\u00ednez Antelo, desprega at\u00e9 o vindeiro 12 de xullo un ambicioso programa de 22 propostas art\u00edsticas que desaf\u00edan as categor\u00edas tradicionais e converten a cidade nun laboratorio de experimentaci\u00f3n. Este evento nace como un espazo espec\u00edfico para as pr\u00e1cticas contempor\u00e1neas, consolid\u00e1ndose tras o impulso das artes vivas na Bienal de Arte de 2025, e activando un enclave hist\u00f3rico que vive agora a s\u00faa transici\u00f3n desde o silencio da clausura at\u00e9 a apertura \u00e1 actividade cultural.<\/p>\n<p>O t\u00edtulo escollido para esta edici\u00f3n, &#8220;Nas marxes&#8221;, apunta a unha declaraci\u00f3n de intenci\u00f3ns sobre os bordos e limiares onde as disciplinas se dil\u00faen. Mart\u00ednez Antelo explica, en conversa con N\u00f3s Diario, que este concepto define artistas que traballan f\u00f3ra dos circu\u00edtos habituais: &#8220;O t\u00edtulo desta edici\u00f3n v\u00e9n de artistas que traballan nos l\u00edmites. Nesta primeira entrega, a Bienal aposta pola hibridaci\u00f3n de linguaxes -performance, danza, artes esc\u00e9nicas e m\u00fasica- para activar novas olladas sobre a contorna e a memoria do lugar. O propio termo de &#8220;artes vivas&#8221;, derivado do ingl\u00e9s live art, util\u00edzase para englobar disciplinas vinculadas \u00e1 presenza f\u00edsica. Como sinala o comisario, esta denominaci\u00f3n serve para reivindicar a experiencia inmediata: &#8220;O termo artes vivas util\u00edzase para englobar distintas disciplinas vinculadas \u00e1 experiencia da presenza f\u00edsica das artistas, sexa a trav\u00e9s do corpo ou da voz. \u00c9 unha forma de reivindicar o acto presente fronte ao que, entre comi\u00f1as, poder\u00edamos denominar &#8216;artes mortas&#8217;, como a pintura ou a escultura, m\u00e1is centradas no obxecto&#8221;.<\/p>\n<p><strong>Protagonismo da creaci\u00f3n galega<\/strong><\/p>\n<p>A Bienal de Artes Vivas pon o foco de maneira decidida na potencia creativa do pa\u00eds, con catro estreas absolutas que esta quinta feira comezaron a habitar os espazos de Santa Clara. Unha das propostas m\u00e1is singulares foi o concerto-acci\u00f3n <em>Clo Pau Plas Pedra<\/em>, no que Xiana Arias e Berio Molina colaboran con Diego Vites e Javi \u00c1lvarez. Esta peza merg\u00fallase na oralidade e revisita o peso do lugar de pertenza a trav\u00e9s de sintetizadores e rituais que invocan figuras como &#8220;xs Placudxs&#8221;, unha deriva contempor\u00e1nea dos cabezudos populares.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, a compa\u00f1\u00eda VACAburra, liderada por Andrea Quintana e Gena Baamonde, presentar\u00e1 o s\u00e1bado <em>O raro \u00e9 que bailar sexa raro<\/em>, unha gabanza da diversidade corporal que utiliza o &#8220;danzalismo&#8221; como ferramenta de vandalismo po\u00e9tico e pol\u00edtico. A investigaci\u00f3n sobre os paradoxos da performance tam\u00e9n ter\u00e1 o seu espazo coa estrea de <em>Y los huecos empezaron a pegarse<\/em>, de Alejandra Pombo Su, que explora o berro e o x\u00e9nero nun contexto contempor\u00e1neo. Pechando este bloque de estreas galegas, o poeta e horticultor Celso Fern\u00e1ndez Sanmart\u00edn prop\u00f3n en <em>Contar no apag\u00f3n <\/em>unha sesi\u00f3n de narraci\u00f3n oral na escuridade, onde a palabra recollida da tradici\u00f3n act\u00faa como o &#8220;luceiro no suspiro dunha mina&#8221;.<\/p>\n<p>A representaci\u00f3n galega completase co circo contempor\u00e1neo de Pistacatro, que coa peza <em>Sen patr\u00f3n <\/em>-Premio Nacional de Circo 2025- explora xogos de poder e equilibrios imposibles, e coa danza de Fran Mart\u00ednez, quen presenta <em>Transfixi\u00f3n<\/em>, un exercicio de misticismo de baixa intensidade que \u00e9 froito dunha residencia no propio convento.<\/p>\n<p>A programaci\u00f3n tam\u00e9n serve para recuperar talentos que desenvolven a s\u00faa carreira f\u00f3ra da Galiza, como \u00e9 o caso de Roc\u00edo Bello, integrante do colectivo Los B\u00e1rbaros, que presenta o teatro documental de <em>Extra\u00f1a alegr\u00eda<\/em>. &#8220;Roc\u00edo \u00e9 unha actriz de Lugo que marchou moi nova para Madrid e nunca actuara antes en Galiza. A ilusi\u00f3n que lle fai actuar agora na s\u00faa terra \u00e9 not\u00e1bel, e para a Bienal \u00e9 unha satisfacci\u00f3n poder darlle esta oportunidade de presentarse aqu\u00ed&#8221;, comenta Mart\u00ednez Antelo con entusiasmo.<br \/>\n<strong><br \/>\nSustentabilidade e regreso do talento<\/strong><\/p>\n<p><strong>Un dos fitos desta Bienal \u00e9 a colaboraci\u00f3n entre o core\u00f3grafo franc\u00e9s J\u00e9r\u00f4me Bel e a actriz galega Mar\u00eda Roja<\/strong>. Tr\u00e1tase dunha proposta que pon a sustentabilidade no centro, tal e como detalla Mart\u00ednez Antelo: &#8220;J\u00e9r\u00f4me Bel \u00e9 un artista que, por motivos de sustentabilidade, decidiu que nin el nin a s\u00faa compa\u00f1\u00eda deben viaxar. O \u00fanico que viaxa nesta produci\u00f3n \u00e9 o gui\u00f3n e as instruci\u00f3ns para representalo, e quen o interpretar\u00e1 aqu\u00ed ser\u00e1 Mar\u00eda Roja, nunha peza que se poder\u00e1 ver por primeira vez en galego grazas \u00e1 coproduci\u00f3n coa MIT de Ribadavia&#8221;.<\/p>\n<p><strong>Un escenario expandido e internacional<\/strong><\/p>\n<p>Malia a forte aposta polo local, Santa Clara conv\u00e9rtese estes d\u00edas nun escenario de relevancia internacional coa participaci\u00f3n de figuras como o italiano Alessandro Sciarroni, Le\u00f3n de Ouro na Bienal de Venecia, que fechar\u00e1 o certame o 12 de xullo coa s\u00faa danza de resistencia f\u00edsica. Desde Arxentina, Mart\u00edn Flores C\u00e1rdenas trae <em>La fuerza de la gravedad<\/em>, unha reflexi\u00f3n sobre a coexistencia forzada, mentres que o brasileiro Thiago Granato explora a transitoriedade en <em>Out of Sight, Out of Mind<\/em>.<\/p>\n<p>A programaci\u00f3n compl\u00e9tase con obras que desaf\u00edan os circu\u00edtos habituais de museos e teatros, como a performance oper\u00edstica de Noela Covelo Velasco e \u00c9lise Moreau, a flamencolox\u00eda electr\u00f3nica de Isabel Do Diego, ou as pezas de danza conceptual de Blanca Tols\u00e1, Lara Brown, Mar\u00eda Jurado, \u00c1ngela Millano e Manuel Rodr\u00edguez. Tam\u00e9n haber\u00e1 espazo para o traballo de Leonor Leal e Antonio Moreno, e para a instalaci\u00f3n performativa dos portugueses Ana Borralho e Jo\u00e3o Galante, que contan coa colaboraci\u00f3n do grupo de teatro da UNED Pontevedra.<\/p>\n<p><strong>O desaf\u00edo da exhibici\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Un dos temas centrais que Mart\u00ednez Antelo aborda na conversa \u00e9 a precariedade na exhibici\u00f3n deste tipo de artes. O comisario sinala que moitas destas obras non funcionan en espazos convencionais: &#8220;A maior\u00eda das pezas que se presentan nesta Bienal non funcionar\u00edan nun teatro tradicional polo equipo que precisan, pola relaci\u00f3n co p\u00fablico ou mesmo pola s\u00faa duraci\u00f3n. \u00c9 dif\u00edcil vender unha entrada para algo que dura quince minutos nun circu\u00edto comercial, por iso \u00e9 necesario crear espazos onde estes traballos se poidan encontrar co p\u00fablico&#8221;.<\/p>\n<p>Para que estes proxectos vexan a luz, Mart\u00ednez Antelo destaca a importancia &#8220;fundamental&#8221; de estruturas como o colectivo RPM e as s\u00faas Residencias Para\u00edso, ou espazos como A Casa Vella: &#8220;Estes artistas necesitan condici\u00f3ns m\u00ednimas para crear, espazos para probar e unha ollada externa que os asesore. Proxectos como RPM ou A Casa Vella permiten que as creadoras te\u00f1an un tempo tranquilo para desenvolver as s\u00faas pezas sen ter que preocuparse unicamente de sobrevivir nun entorno precario&#8221;.<\/p>\n<p>A Bienal ad\u00e1ptase \u00e1s caracter\u00edsticas da igrexa, o coro e os xard\u00edns de Santa Clara, non s\u00f3 en formato sen\u00f3n tam\u00e9n en tem\u00e1tica, con obras que dialogan co compo\u00f1ente m\u00edstico do espazo. Como concl\u00fae o comisario: &#8220;\u00c9 fundamental ver estas obras en directo; por algo se chaman artes vivas. Ese contacto f\u00edsico e directo entre o artista e o p\u00fablico \u00e9 o que lle d\u00e1 todo o sentido a este proxecto&#8221;.<\/p>\n<p><strong>O corpo feminino como referente<\/strong><\/p>\n<p>Finalmente, Mart\u00ednez Antelo subli\u00f1a a importante presenza feminina na programaci\u00f3n, algo que xorde de xeito &#8220;natural&#8221; pola propia historia da disciplina. &#8220;A muller empezou a traballar co corpo e a voz fronte ao dominio masculino na pintura ou a escultura. De feito, os grandes referentes da performance hoxe son mulleres, desde Gina Pane ou Yoko Ono at\u00e9 Marina Abramovic ou Esther Ferrer&#8221;, lembra o comisario.<\/p>\n<p>A\u00ednda que reco\u00f1ece que existe unha lei de igualdade que obriga a manter a paridade nas programaci\u00f3ns, e unha obriga moral en mantela, Mart\u00ednez Antelo afirma que nas artes vivas \u00e9 especialmente doado atopar paridade: &#8220;Aqu\u00ed \u00e9 moito m\u00e1is f\u00e1cil facer un programa equilibrado porque hai moit\u00edsimo m\u00e1is talento feminino onde escoller&#8221;.<\/p>\n<p><strong>Unha eclosi\u00f3n necesaria nun momento &#8220;rico e f\u00e9rtil&#8221;<\/strong><\/p>\n<p>Pode semellar que hai unha explosi\u00f3n repentina de artes vivas, pero o comisario I\u00f1aki Mart\u00ednez Antelo matiza que en realidade o que vivimos \u00e9 un proceso de visibilizaci\u00f3n dun x\u00e9nero moitas veces relegado \u00e1s marxes dos espazos tradicionais de exhibici\u00f3n. Na actualidade, existe unha enorme demanda deste tipo de obras en case todos os centros de arte porque os corpos e a s\u00faa activaci\u00f3n pol\u00edtica est\u00e1n no centro do debate contempor\u00e1neo. &#8220;Estamos nun momento especialmente interesante, rico e f\u00e9rtil&#8221;, sinala o respons\u00e1bel do programa, quen destaca a aparici\u00f3n de artistas que traballan nese espazo h\u00edbrido e poroso entre as artes visuais e as esc\u00e9nicas.<\/p>\n<p>A\u00ednda que hoxe f\u00e1lase de &#8220;artes vivas&#8221; como un concepto en auxe para englobar o que \u00e9 dif\u00edcil de clasificar, a s\u00faa ra\u00edz \u00e9 profunda e hist\u00f3rica. Para entender o que est\u00e1 a suceder agora mesmo en Pontevedra debemos mirar cara atr\u00e1s: desde as acci\u00f3ns exc\u00e9ntricas e provocadoras dos dada\u00edstas no Cabaret Voltaire de Z\u00faric a comezos do s\u00e9culo XX, at\u00e9 o apoxeo impulsado polo esp\u00edrito da contracultura e da arte conceptual dos anos sesenta e setenta, coa s\u00faa vontade de o obxecto art\u00edstico para opo\u00f1erse \u00e1 s\u00faa mercantilizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Na Galiza, o precedente hist\u00f3rico m\u00e1is claro at\u00f3pase nos recitais-performance do grupo Rompente nas d\u00e9cadas de 1970 e 1980. Hoxe, ese legado rec\u00f3llese e amplif\u00edcase a trav\u00e9s de festivais como Escenas do Cambio que puxo en marcha Pablo Fidalgo Lareo ou o labor do colectivo RPM. Con esta Bienal, Pontevedra reco\u00f1ece que o &#8220;aqu\u00ed e agora&#8221; deixou de ser un exercicio exc\u00e9ntrico para converterse nunha linguaxe necesaria que pon a experiencia humana compartida no centro de todo o que acontece no escenario de Santa Clara.<\/p>\n<p>Ler en li\u00f1a:<br \/>\n<a href=\"https:\/\/www.nosdiario.gal\/articulo\/cultura\/pontevedra\/20260702214227260891.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Bienal de Artes Vivas de Pontevedra: resistir desde o corpo<\/a><\/p>\n<\/div><\/section><\/p><\/div><div  class='flex_column av-329y5t-579878c93a5c99f5fb8515f59bab5bca av_one_fifth  avia-builder-el-5  el_after_av_three_fifth  avia-builder-el-last  flex_column_div  '     ><\/div><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":2,"featured_media":14943,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[42],"tags":[],"class_list":["post-14930","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-prensa-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14930","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14930"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14930\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14947,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14930\/revisions\/14947"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14943"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14930"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14930"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14930"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}