{"id":8648,"date":"2021-02-22T17:14:09","date_gmt":"2021-02-22T16:14:09","guid":{"rendered":"https:\/\/mariaroja.com\/soga-e-cinsa-meigas-somos-todas\/"},"modified":"2021-02-22T17:14:09","modified_gmt":"2021-02-22T16:14:09","slug":"soga-e-cinsa-meigas-somos-todas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/soga-e-cinsa-meigas-somos-todas\/","title":{"rendered":"Soga e cinsa: Meigas somos todas"},"content":{"rendered":"<div  class='flex_column av-av_one_fifth-692a56cb27b4036f41891925b87c1c70 av_one_fifth  avia-builder-el-0  el_before_av_three_fifth  avia-builder-el-first  first flex_column_div  '     ><\/div>\n<div  class='flex_column av-av_three_fifth-7bd3f5cd863a6256abcb544d7c276d96 av_three_fifth  avia-builder-el-1  el_after_av_one_fifth  el_before_av_one_fifth  flex_column_div  '     ><section  class='av_textblock_section av-lnkgrurm-0345df5b725a0ec2ef5898db9bd8cd21 '   itemscope=\"itemscope\" itemtype=\"https:\/\/schema.org\/BlogPosting\" itemprop=\"blogPost\" ><div class='avia_textblock'  itemprop=\"text\" ><h3>Soga e cinsa: Meigas somos todas<\/h3>\n<p><strong>Cr\u00edtica de Iv\u00e1n Fern\u00e1ndez para a Erreguet\u00e9<\/strong><\/p>\n<p>Conf\u00e9soo, agardaba con moita ansia a estrea de Soga e Cinsa no Auditorio de Vigo. Dende que tiven noticia da s\u00faa xestaci\u00f3n, meses atr\u00e1s, e sabendo do tema e da admirada equipa que participaba nela, converteuse nunha peza so\u00f1ada.<\/p>\n<p>Afortunadamente, a peza dirixida por Diana Mera escapouse polas marxes das mi\u00f1as fantas\u00edas, e non transita por onde eu prefiguraba. Iso, encantoume. Saben por que? Porque adoro que me collan por sorpresa.<\/p>\n<p>Soga e Cinsa non \u00e9 unha peza de bruxas. Soga e Cinsa \u00e9 unha historia de mulleres. \u00c9 a historia do maltrato secularizado da Humanidade (ou deber\u00eda dicir, humanidade?) \u00e1s mulleres. Si, de toda a humanidade, como ben mostra esta peza de xeito sutil e dram\u00e1tico. Por unha banda, a Inquisici\u00f3n, espazo t\u00e9trico de poder faloc\u00e9ntrico; ou as arquivoltas de Heinrich Kramer e Jacob Sprenger e o seu Martelo das bruxas (Malleus Maleficarum). Pola outra, unha nai que na defensa das s\u00faas fillas acusa \u00e1 s\u00faa propia irm\u00e1 de bruxer\u00eda; ou unha rapaza moderna, intelixente e madura, que cae nas redes intelectualoides do heteropatriarcado renunciando ao seu ser instintivo.<\/p>\n<p>Porque Soga e Cinsa \u00e9 unha chamada ao instinto, aos v\u00ednculos de sangue entre as mulleres. Unha chamada \u00e1 sororidade, \u00e1 irmandade feminina, ao sost\u00e9n mutuo e ao non esquecerse de quen es, de onde ves, de todo o que te conformou como muller.<\/p>\n<p>En Soga e Cinsa entran en cuesti\u00f3n moitos dos alicerces da sociedade moderna, a trav\u00e9s da met\u00e1fora da bruxer\u00eda e de como a caza de meigas dos s\u00e9culos XV a XVII infl\u00faen no que somos hoxe como mundo. Por unha banda, o declive da sociedade tradicional, na que as mulleres menci\u00f1eiras, sabedoras dos remedios naturais, entraban en contacto co extraordinario, algo que a sociedade do seu tempo tivo que abandonar a favor da orde teocentrista imperante. O al\u00e9n, o misterioso, o mitol\u00f3xico, quedaba f\u00f3ra das nosas vidas, reclu\u00eddo na superstici\u00f3n e na herex\u00eda. Pola outra, unha sociedade neocapitalista na que os intereses econ\u00f3micos son postos por riba dos humanos, no que o teu asasinato conv\u00e9rtese nun beneficio (econ\u00f3mico) para min, que te denuncio, ou que vivo do negocio da morte. Non esquezamos que estamos a falar dun xenocidio, o xenocidio de case 60.000 mulleres s\u00f3 en Europa, da tortura e asasinato de mulleres que, nalg\u00fans casos, gardaban consigo a sabedor\u00eda de tradici\u00f3ns seculares e, noutros, sucumbiron \u00e1 cobiza, envexa, medo ou prexu\u00edzo analfabeto dxs seus semellantes.<\/p>\n<p>A maxia de Apor\u00eda Esc\u00e9nica \u00e9 levar todo isto ao formato teatral, nunha peza de tres cadros e un ep\u00edlogo que nos fai transitar polos mundos das sombras e do desco\u00f1ecido, do instintivo e sensual, do animal, mais tam\u00e9n pola luz da ciencia e da ilustraci\u00f3n.<\/p>\n<p>Soga e Cinsa \u00e9 un ret\u00e1bulo medieval, con sombras de martirio barroco e luz de autopsia, que constr\u00fae figuras de especial plasticidade. A peza cont\u00e9n momentos m\u00e1xicos, como a representaci\u00f3n do axustizamento a trav\u00e9s da acrobacia en cordas, a iron\u00eda da tortura reflectida nunha coreograf\u00eda de nataci\u00f3n sincronizada, a opresi\u00f3n da muller convertida en danza cunha cortina, ou a aparici\u00f3n da Deusa do Sangue: a chamada \u00e1 forza primitiva, coa que se constr\u00fae un v\u00ednculo que fala tanto do sangue que corre polas nosas veas como da importancia da menstruaci\u00f3n, algo absolutamente deostado polo home (este si, con min\u00fasculas) e cuxa estigmatizaci\u00f3n contribu\u00edu ao estra\u00f1amento entre a muller e o seu corpo, algo que segue a acontecer a d\u00eda de hoxe.<\/p>\n<p>A maxia de Apor\u00eda Esc\u00e9nica \u00e9, tam\u00e9n, facelo rode\u00e1ndose dunha equipa de mulleres talentosas, do m\u00e1is representativo do teatro actual galego, ben sexa diante ou detr\u00e1s do escenario. Unha peza ambiciosa, como se botan de menos no noso panorama e nestes tempos de restrici\u00f3ns, cun elenco de nada menos que 11 actrices de idades e especialidades diversas, e que amosan unha comunidade especial, unha complicidade reflectida en moitos intres laterais, case tanxenciais, a trav\u00e9s de acenos e xestos, agarimos, palabras e enfrontamentos, pero que conforma o esqueleto principal da peza, sobre a que se sustenta.<\/p>\n<p>Con todo, boto en falta un chisco m\u00e1is de maxia (quen o dir\u00eda!). O efecto on\u00edrico acadado polos espazos nos que domina o corpo rompe coa frontalidade da palabra, interesante mais se cadra, n\u00edtida de m\u00e1is. O ep\u00edlogo final \u00e9, ao meu gusto, demasiado brusco e, se ben temos un xogo de sombras que apunta cara o m\u00e1xico, dura pouco tempo e, cando se mete dentro do caix\u00f3n, queda esvaecido pola distancia co p\u00fablico, chamando por unha amplifiaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Isto, comparando cun primeiro cadro no que as actrices compo\u00f1en unha coreograf\u00eda que por si mesma explica, con toda a s\u00faa poes\u00eda e misterio, toda a historia da bruxer\u00eda en Galicia (e m\u00e1is a\u00ednda, xa que por momentos aparecen a Santa Compa\u00f1a, as bruxas de Macbeth, os aquelarres de Salem ou as Parcas gregas). Eu, voume po\u00f1er ambicioso e voulle pedir a Diana Mera que faga polo menos unha trilox\u00eda con este tema. Queremos m\u00e1is meigas!<\/p>\n<p>E \u00e9 que con Soga e Cinsa p\u00e1gase ademais unha d\u00e9beda que o teatro galego ten para con as meigas, tan presentes na nosa tradici\u00f3n e mitolox\u00eda local, e tan ausentes no noso repertorio teatral. Ag\u00e1s o fermoso poema tr\u00e1xico sobre a figura de Mar\u00eda Soli\u00f1a, autor\u00eda do dramaturgo Xos\u00e9 Manuel Pazos (unha figura a reivindicar e estudar polos teatreiros actuais e, tristemente, recentemente falecido), e que acada representaci\u00f3n anual grazas ao esforzo de Teatro de Ningures en Cangas; o texto de Carlos Labra\u00f1a Estrelecer, estreado como lectura dramatizada na SGAE; e a peza que anda a coci\u00f1ar Diana Sieira coas Residencias Cruzadas do CDG, The Witch, onde est\u00e1n as meigas no noso teatro?<\/p>\n<p>Voume permitir unha derradeira reflexi\u00f3n. Soga e Cinsa abre no Auditorio do Concello de Vigo a nova tempada de estreas teatrais, logo da reapertura dos teatros na nosa comunidade (ag\u00e1s en Ourense, como ben anota Roberto Pascual no seu artigo para a erreguet\u00e9). Transcorreu as\u00ed practicamente un mes dende a derradeira vez que fun quen de ver algo de teatro en vivo e, conf\u00e9soo, non acado entender como isto pode acontecer. Como \u00e9 que o teatro non est\u00e1 considerado un ben de primeira necesidade? Como \u00e9 que estamos nun mundo que desleixa deste xeito o noso alimento cultural e, dir\u00eda, ata espiritual? Como \u00e9 posible que estean abertas as igrexas e non os teatros? Porque \u00e1s igrexas vaise a pregar, e aos teatros, a pensar. O xeito no que a pol\u00edtica trata \u00e1 cultura \u00e9 arrepiante de cot\u00edo, mais, a s\u00faa xesti\u00f3n durante os estados de excepci\u00f3n decretados, \u00e9o a\u00ednda m\u00e1is.<\/p>\n<p>Fotograf\u00eda: Marcos Canosa<\/p>\n<p>+info:<br \/>\n<a href=\"https:\/\/erreguete.gal\/2021\/02\/20\/soga-e-cinsa\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">https:\/\/erreguete.gal\/2021\/02\/20\/soga-e-cinsa\/<\/a><\/p>\n<\/div><\/section><br \/>\n\n<style type=\"text\/css\" data-created_by=\"avia_inline_auto\" id=\"style-css-av-av_hr-65bd92347fddc685eba247be6d5a9a45\">\n#top .hr.hr-invisible.av-av_hr-65bd92347fddc685eba247be6d5a9a45{\nheight:40px;\n}\n<\/style>\n<div  class='hr av-av_hr-65bd92347fddc685eba247be6d5a9a45 hr-invisible  avia-builder-el-3  el_after_av_textblock  el_before_av_image '><span class='hr-inner '><span class=\"hr-inner-style\"><\/span><\/span><\/div><br \/>\n\n<style type=\"text\/css\" data-created_by=\"avia_inline_auto\" id=\"style-css-av-lnkgt0bl-60dec1aed5fda2b969bac5e1f48be38d\">\n.avia-image-container.av-lnkgt0bl-60dec1aed5fda2b969bac5e1f48be38d img.avia_image{\nbox-shadow:none;\n}\n.avia-image-container.av-lnkgt0bl-60dec1aed5fda2b969bac5e1f48be38d .av-image-caption-overlay-center{\ncolor:#ffffff;\n}\n<\/style>\n<div  class='avia-image-container av-lnkgt0bl-60dec1aed5fda2b969bac5e1f48be38d av-styling- avia-align-center  avia-builder-el-4  el_after_av_hr  avia-builder-el-last '   itemprop=\"image\" itemscope=\"itemscope\" itemtype=\"https:\/\/schema.org\/ImageObject\" ><div class=\"avia-image-container-inner\"><div class=\"avia-image-overlay-wrap\"><img decoding=\"async\" fetchpriority=\"high\" class='wp-image-6148 avia-img-lazy-loading-not-6148 avia_image ' src=\"https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/soga-e-cinsa.jpg\" alt='' title='soga-e-cinsa'  height=\"461\" width=\"690\"  itemprop=\"thumbnailUrl\" srcset=\"https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/soga-e-cinsa.jpg 690w, https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/soga-e-cinsa-300x200.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><\/div><\/div><\/div><\/p><\/div><div  class='flex_column av-av_one_fifth-7bd3f5cd863a6256abcb544d7c276d96 av_one_fifth  avia-builder-el-5  el_after_av_three_fifth  avia-builder-el-last  flex_column_div  '     ><\/div><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":3,"featured_media":6148,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[43],"tags":[],"class_list":["post-8648","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8648","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8648"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8648\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6148"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8648"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8648"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8648"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}