{"id":8813,"date":"2016-11-27T12:47:13","date_gmt":"2016-11-27T11:47:13","guid":{"rendered":"https:\/\/mariaroja.com\/we-love-ireland\/"},"modified":"2016-11-27T12:47:13","modified_gmt":"2016-11-27T11:47:13","slug":"we-love-ireland","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/we-love-ireland\/","title":{"rendered":"We love Ireland"},"content":{"rendered":"<div  class='flex_column av-av_one_fifth-692a56cb27b4036f41891925b87c1c70 av_one_fifth  avia-builder-el-0  el_before_av_three_fifth  avia-builder-el-first  first flex_column_div  '     ><\/div>\n<div  class='flex_column av-av_three_fifth-7bd3f5cd863a6256abcb544d7c276d96 av_three_fifth  avia-builder-el-1  el_after_av_one_fifth  el_before_av_one_fifth  flex_column_div  '     ><section  class='av_textblock_section av-lnk79lvd-48b6ea55f3574709735da966d020a691 '   itemscope=\"itemscope\" itemtype=\"https:\/\/schema.org\/BlogPosting\" itemprop=\"blogPost\" ><div class='avia_textblock'  itemprop=\"text\" ><h3>We love Ireland<\/h3>\n<p><strong>Cr\u00edtica de &#8220;O Tolleito de Inishmaan&#8221; por Camilo Franco para O Progreso<\/strong><\/p>\n<p>Cando un galego asoma a cabeza para buscar un pa\u00eds no horizonte internacional o primeiro que ve \u00e9 Irlanda. O primeiro, o primeiro de verdade \u00e9 Catalu\u00f1a, pero a\u00ednda non ten estado propio. Miramos para Irlanda como se fose un pa\u00eds suficientemente bo como para conter dentro o que Galicia querer\u00eda: ser independente e falar ingl\u00e9s. Ao teatro galego g\u00fastalle Irlanda e ten motivos. \u00c9 un teatro de galegos sen galegos.<\/p>\n<p>IRLANDA \u00c9 PARA Galicia como Emilio Cao para Siniestro Total. Unha versi\u00f3n aceptable do porvir \u2014que palabra\u2014. Entre o mito celta do Rexurdimento e que a Xeraci\u00f3n N\u00f3s prefer\u00eda os para\u00edsos cat\u00f3licos, Irlanda quedou no horizonte como un espello no que mirarse. Tam\u00e9n porque \u00e9 unha naci\u00f3n con estado que batallou entre xente que lle mataron e xente que matou, e isto \u00e9 moi do gusto dos universitarios que alg\u00fan d\u00eda nos emancipar\u00e1n. O teatro galego \u00e9 intuitivo e percibe todas estas cousas antes de que ningu\u00e9n as dispo\u00f1a como tese. E mira para Irlanda como unha opci\u00f3n de encontrar un discurso asumible e adaptable. E escrito desde o presente.<\/p>\n<p>A \u00faltima demostraci\u00f3n desta querenza \u00e9 O tolleito de Inishmaan, quizais un drama reconvertido a comedia, quizais unha comedia cl\u00e1sica que, como todas, fai da dor un experimento c\u00f3mico. A compa\u00f1\u00eda Contraproduci\u00f3ns escolleu a comedia e a\u00ed est\u00e1 toda esa ringleira de freaks que, vistos ao microscopio, evidencian que somos m\u00e1is da m\u00e1goa que da gloria. Como un calcet\u00edn cos seus zurcidos. C\u00e1ndido Paz\u00f3 colle o texto de Martin McDonagh e despexa o cami\u00f1o para que non queden d\u00fabidas no humor, para que a comedia sexa divertida e cun pouso de elegancia antiga. Para que sexa c\u00f3mica sen botarse ao chan. Sen sobreactuaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Ao teatro galego g\u00fastalle Irlanda incluso m\u00e1is que Portugal. G\u00fastalle Portugal como territorio xeogr\u00e1fico e Irlanda como territorio simb\u00f3lico. Haberiamos de facer a proba do algod\u00f3n preguntando \u00e1 xente se un galego se parece m\u00e1is a un irland\u00e9s ou a un portugu\u00e9s. O resultado \u00e9 predicible. Pero non \u00e9 necesario adiantarse. Haber\u00eda que preguntar se o teatro galego se parece m\u00e1is ao irland\u00e9s ou ao portugu\u00e9s. Aqu\u00ed a resposta tam\u00e9n \u00e9 predicible. Pero diferente. \u00c1 cultura galega g\u00fastalle Irlanda como espazo de ficci\u00f3n, como falsa memoria, como \u00e9pica e mesmo como retranca. Por veces, este querer dos galegos d\u00e9ixame unha d\u00fabida conceptual. Unha d\u00fabida como unha pantasma que percorre unha idea do porvir \u2014outra vez, que palabra\u2014. Porque Irlanda \u00e9 unha naci\u00f3n con estado, pero sen lingua. Galicia \u00e9 o contrario. E cando se fala de Irlanda sempre te\u00f1o esa disputa: se os galegos renunciar\u00edan \u00e1 lingua propia a cambio de ter un estado. A ver que di a literatura irlandesa sobre o particular. Ou o Sinn Fein. Entrementres, fantaseamos con que os prados de Irlanda son como os galegos e que a xente que tornaba a auga para eses prados bucolicamente pacidos por vacas que parec\u00edan galegas, cunha mesma expresi\u00f3n rom\u00e1nica que tam\u00e9n era como galega. Se un pa\u00eds se parece tanto a Galicia ten que ser coma Galicia e o teatro que produce ese pa\u00eds tam\u00e9n ten que ser como ser\u00eda o galego no caso de que a historia non so torcese hai 600 anos. \u00c9 curioso, ou paradoxal, porque da literatura non se di o mesmo. Pero igual \u00e9 culpa de James Joyce.<\/p>\n<p>Ao teatro galego g\u00fastalle Martin McDonagh. Que \u00e9 irland\u00e9s e dramaturgo. Que ten un sentido do humor que m\u00e1is que ambiguo \u00e9 ambivalente e isto ach\u00e9gao moito a ese humor que os galegos identificamos como propio. Un humor sen estado. McDonagh \u00e9 o autor contempor\u00e1neo \u2014ou coet\u00e1neo\u2014 m\u00e1is representado en Galicia. Moito m\u00e1is que os autores galegos de aqu\u00ed. Desde f\u00f3ra parece unha coincidencia, pero cando se lle miran as obras adquire sentido. Para O tolleito de Inishmaan, C\u00e1ndido Paz\u00f3 escolleu un xogo de identificaci\u00f3n sutil pero sen sombras. En realidade, todo o que pasa poder\u00eda pasar en Galicia, pero a compa\u00f1\u00eda prefire esa distancia ex\u00f3tica e reco\u00f1ecible. Falar dos galegos sen galegos polo medio. Prefire esa distancia e deixar moi no fondo do seu proceder a idea de que todo o que pasa sobre o escenario \u00e9 unha desgraza, que dir\u00eda Roberto Vidal Bola\u00f1o, contado como unha comedia. Pero non hai que facerse cruces: as comedias de verdade son as\u00ed. Esta comedia busca o p\u00fablico e non quere que se lle distraia e todo est\u00e1 colocado e recolocado para que o dispostivo funcione sen carencia e sen rebaixas. Co elenco no seu sitio e co mellor galego que se pode escoitar en escena dende hai moitos anos. Por veces insiste de m\u00e1is na comedia, como se desconfiase algo do p\u00fablico. Pero \u00e9 un humor que sendo negro est\u00e1 dito como se fose branco. Cunha aparente inocencia que quizais sexa a trampa definitiva para os espectadores. Os dez segundos finais explican que hab\u00eda outra obra dentro desa obra.<\/p>\n<p>Unha obra distinta, pero non necesariamente mellor. Unha historia que sucede en Irlanda coa mesma dor que aqu\u00ed. Pero quizais non. Quizais os irlandeses sexan mellores ca n\u00f3s. Porque eles, cando se odian, odi\u00e1nse m\u00e1is. Odi\u00e1nse moito mellor.<\/p>\n<p>Fotograf\u00eda: Marcos Pereiro<\/p>\n<p>+info:<br \/>\n<a href=\"http:\/\/elprogreso.galiciae.com\/noticia\/620581\/we-love-ireland\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">http:\/\/elprogreso.galiciae.com\/noticia\/620581\/we-love-ireland<\/a><\/p>\n<\/div><\/section><br \/>\n\n<style type=\"text\/css\" data-created_by=\"avia_inline_auto\" id=\"style-css-av-av_hr-65bd92347fddc685eba247be6d5a9a45\">\n#top .hr.hr-invisible.av-av_hr-65bd92347fddc685eba247be6d5a9a45{\nheight:40px;\n}\n<\/style>\n<div  class='hr av-av_hr-65bd92347fddc685eba247be6d5a9a45 hr-invisible  avia-builder-el-3  el_after_av_textblock  el_before_av_image '><span class='hr-inner '><span class=\"hr-inner-style\"><\/span><\/span><\/div><br \/>\n\n<style type=\"text\/css\" data-created_by=\"avia_inline_auto\" id=\"style-css-av-lnk7bpl0-0a7a6c42766d54833253163fd437bd42\">\n.avia-image-container.av-lnk7bpl0-0a7a6c42766d54833253163fd437bd42 img.avia_image{\nbox-shadow:none;\n}\n.avia-image-container.av-lnk7bpl0-0a7a6c42766d54833253163fd437bd42 .av-image-caption-overlay-center{\ncolor:#ffffff;\n}\n<\/style>\n<div  class='avia-image-container av-lnk7bpl0-0a7a6c42766d54833253163fd437bd42 av-styling- avia-align-center  avia-builder-el-4  el_after_av_hr  avia-builder-el-last '   itemprop=\"image\" itemscope=\"itemscope\" itemtype=\"https:\/\/schema.org\/ImageObject\" ><div class=\"avia-image-container-inner\"><div class=\"avia-image-overlay-wrap\"><img decoding=\"async\" fetchpriority=\"high\" class='wp-image-5679 avia-img-lazy-loading-not-5679 avia_image ' src=\"https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/we-love-ireland.jpg\" alt='' title='we-love-ireland'  height=\"457\" width=\"690\"  itemprop=\"thumbnailUrl\" srcset=\"https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/we-love-ireland.jpg 690w, https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/we-love-ireland-300x199.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><\/div><\/div><\/div><\/p><\/div><div  class='flex_column av-av_one_fifth-7bd3f5cd863a6256abcb544d7c276d96 av_one_fifth  avia-builder-el-5  el_after_av_three_fifth  avia-builder-el-last  flex_column_div  '     ><\/div><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":3,"featured_media":5679,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[42],"tags":[],"class_list":["post-8813","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-prensa-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8813","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8813"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8813\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5679"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8813"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8813"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8813"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}