{"id":8861,"date":"2015-10-15T11:06:54","date_gmt":"2015-10-15T09:06:54","guid":{"rendered":"https:\/\/mariaroja.com\/el-cuello-de-la-jirafa-en-praza-publica\/"},"modified":"2015-10-15T11:06:54","modified_gmt":"2015-10-15T09:06:54","slug":"el-cuello-de-la-jirafa-en-praza-publica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/el-cuello-de-la-jirafa-en-praza-publica\/","title":{"rendered":"&#8220;El Cuello de la Jirafa&#8221; en Praza P\u00fablica"},"content":{"rendered":"<div  class='flex_column av-av_one_fifth-692a56cb27b4036f41891925b87c1c70 av_one_fifth  avia-builder-el-0  el_before_av_three_fifth  avia-builder-el-first  first flex_column_div  '     ><\/div>\n<div  class='flex_column av-av_three_fifth-7bd3f5cd863a6256abcb544d7c276d96 av_three_fifth  avia-builder-el-1  el_after_av_one_fifth  el_before_av_one_fifth  flex_column_div  '     ><section  class='av_textblock_section av-lnk3n49x-7f6a435410e62caeb820b66b414c612e '   itemscope=\"itemscope\" itemtype=\"https:\/\/schema.org\/BlogPosting\" itemprop=\"blogPost\" ><div class='avia_textblock'  itemprop=\"text\" ><h3>&#8220;El Cuello de la Jirafa&#8221; en Praza P\u00fablica<\/h3>\n<p><strong>Entrevista a Matarile por Montse Dopico<\/strong><\/p>\n<p>&#8220;A beleza, a arte, o que se sae do devir c\u00edclico, \u00e9 o que nos salva&#8221;<\/p>\n<p>Non era doado atopar, no Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), entrada para acudir \u00e1 estrea de El cuello de la jirafa, a nova obra de Matarile. O medio cento de espazos que ofrec\u00eda, cada un dos dous d\u00edas de funci\u00f3n, a capela da Universidade, ench\u00e9ronse en poucas horas. E non era para menos. A compa\u00f1\u00eda compostel\u00e1 cumpre 30 anos cunha obra que procura, se cadra m\u00e1is que nunca, a comunicaci\u00f3n directa co espectador. Entendido non como p\u00fablico, sen\u00f3n como individuo que pode ver, se o desexa, o invisible. Que pode non deixarse dominar polos xu\u00edzos predeterminados. Polo imposto. Que procura a quebra da roda da rutina. Do tempo. Que quere o extraordinario. A beleza.<\/p>\n<p>Muda o ton respecto a Staying alive e Teatro Invisible. Se en Staying alive xa hab\u00eda m\u00e1is movemento, esta trasmite moita enerx\u00eda\u2026<\/p>\n<p>\u00c9 outra perspectiva. Staying alive botaba toda a enerx\u00eda cara a f\u00f3ra. En El cuello de la jirafa todo se altera pola disposici\u00f3n do espazo, pola idea de compartir, que fai que todo se vexa desde outra perspectiva e que altera a sensaci\u00f3n de tempo ao velo todo m\u00e1is pr\u00f3ximo. A percepci\u00f3n do tempo \u00e9 alterada.<\/p>\n<p>Por que a met\u00e1fora da constelaci\u00f3n da xirafa? Est\u00e1 presente en varias das imaxes da obra, ademais.<\/p>\n<p>\u00c9 a idea de evoluci\u00f3n, de adaptaci\u00f3n, do colo da xirafa. En referencia tam\u00e9n \u00e1 constelaci\u00f3n, as estrelas e a s\u00faa luz, o tempo que tarda en chegarnos. E a nosa sensaci\u00f3n de pequenez, de fraxilidade da existencia. A sensaci\u00f3n de ser polvo de estrelas. E esa fenda entre a perspectiva grand\u00edsima do cosmos e o obxectivo focalizado no pequeno. Todo na obra est\u00e1 relacionado. Todo vai sumando en canto transcorre o tempo na propia obra.<\/p>\n<p>Por iso os obxectos. Os homi\u00f1os pequenos.<\/p>\n<p>Si. Eses homi\u00f1os son unha representaci\u00f3n da fraxilidade e a finitude dentro do cosmos. Os humanos pensamos na infinitude, na duraci\u00f3n, pero somos parte do finito.<\/p>\n<p>A luz das estrelas chega do pasado. En Staying alive estaba a idea de que vivimos no pasado e iso dificulta o movemento presente. Seguimos atrapados nese pasado?<\/p>\n<p>O tempo e a s\u00faa repetici\u00f3n constit\u00faen a esencia do ser humano, que busca a interrupci\u00f3n desa roda, desa rutina. Busca o extraordinario, o inefable, o misterioso. A beleza, a arte, que \u00e9 o que nos salva. O que se sae do repetir c\u00edclico. E El cuello de la jirafa \u00e9 iso. \u00c9 unha obra moi enerx\u00e9tica, moi vital, como dic\u00edas, nese sentido. A busca do que se sae, do que transforma, do que nos conduce a outras miradas, \u00e1 alteraci\u00f3n da realidade. A procura da beleza, entendida non como o contrario a fealdade, sen\u00f3n da indiferencia. A arte \u00e9, fundamentalmente, unha rebeli\u00f3n contra o paso do tempo.<\/p>\n<p>O observador determina a historia. A mirada constr\u00fae o mundo. Tam\u00e9n est\u00e1 moi presente esta idea. En M\u00e9tase nos seus asuntos xa estaba a posici\u00f3n do espectador.<\/p>\n<p>\u00c9 non s\u00f3 como o observado se crea coa mirada, sen\u00f3n como se manipula esa mirada. Temos que estar atentos. Ter coidado cos xu\u00edzos preestablecidos, predeterminados. E \u00e9 certo que os europeos vivimos de rendas, do pasado. Todo se fai \u201ca partir de\u201d. Do que foi antes. En Staying alive falaba de que necesitamos mirar cara a outro lado e non s\u00f3 ao que nos conformou, \u00e1 historia. Porque iso conv\u00e9rtenos nunha cultura cansada, sen ilusi\u00f3n polo futuro. Tam\u00e9n \u00e9 unha cuesti\u00f3n de ciclos vitais. Eu tento non caer nos preconceptos, no prexu\u00edzo. E hai momentos en que te gardas m\u00e1is diso.<\/p>\n<p>Protagonista ou secundaria? Pregunt\u00e1base Staying alive. A comunicaci\u00f3n co p\u00fablico \u00e9 se cadra, en El cuello de la jirafa, a m\u00e1is directa de todas as vosas obras.<\/p>\n<p>Houbo unha evoluci\u00f3n niso. A min inter\u00e9same achegarme. Salvar o que se interp\u00f3n entre n\u00f3s. A comunicaci\u00f3n directa, que afecta ao xeito de actuar, ao espazo\u2026 Tr\u00e1tase de dar un papel predeterminante ao espectador, entendido como persoa individual, non como p\u00fablico.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 relaci\u00f3n entre v\u00f3s, entre os corpos, hai \u00e1s veces certa tensi\u00f3n. Uns manipulan os corpos dos outros\u2026<\/p>\n<p>Iso \u00e9 unha constante nas nosas obras. Tam\u00e9n se mestura co feito de que eu aparezo, en El cuello de la jirafa, como quen pon en marcha cousas. Quen empurra, quen move.<\/p>\n<p>En relaci\u00f3n co tema da perspectiva, a obra preg\u00fantase que \u00e9 o real. O vivido, o so\u00f1ado, o imaxinado?<\/p>\n<p>\u00c9 un tema que me fascina. Se quedamos s\u00f3 co que nos contan, non temos nada. Ademais, somos tan escorregadizos, temos tantas caras, estamos tan afeitos a que se nos diga que somos de tal maneira, que pensamos que podemos traducilo todo a conceptos claros. Pero non \u00e9 as\u00ed porque somos absolutos ignorantes de todo o que nos rodea. Cometemos sempre os mesmos erros. As\u00ed, a realidade non \u00e9 o que nos contan, pero tampouco \u00e9 a primeira impresi\u00f3n, porque a nosa maneira de ver as cousas tam\u00e9n vai cambiando. S\u00f3 que a primeira impresi\u00f3n infl\u00fae nas nosas seguintes percepci\u00f3ns. O primeiro xu\u00edzo pode facernos pensar que o temos todo claro. Pero despois a realidade non \u00e9 as\u00ed. E non digo que sexa algo negativo. \u00c9 algo que me fascina. Moitos espectadores dix\u00e9ronnos que quer\u00edan volver ver a obra, e iso alegrounos moito, porque \u00e9 coherente co que queremos: ver a realidade desde distintas perspectivas.<\/p>\n<p>O actor, o louco, o morto. En que se parecen?<\/p>\n<p>Iso \u00e9 de Kantor. A un actor contempl\u00e1molo con distancia, como a un louco ou a un morto. E o tema da loucura sae bastante na obra. O louco sae do establecido. \u00c9 imprevisible e l\u00e1nzanos aos ollos unha realidade que pode ser m\u00e1is real que a que nos vemos. \u00c9 como a conversa, se a deixamos solta. Non sabemos por onde vai sa\u00edr. E fasc\u00ednanos o que nos sorprende, o que nos saca do preestablecido. O misterio. Por iso sae na obra o tarot. Enrique Gavil\u00e1n \u00e9 profesor de Universidade e tam\u00e9n especialista en tarot. Porque temos necesidade doutras realidades distintas \u00e1 nosa.<\/p>\n<p>Enrique Gavil\u00e1n \u00e9 un dos actores, ou actuantes. Os outros son, ademais de ti e Baltasar Pati\u00f1o, \u00d3scar Codesido, M\u00f3nica Garc\u00eda e Mar\u00eda Roja. F\u00e1lasnos deles?<\/p>\n<p>A Enrique Gavil\u00e1n co\u00f1ec\u00e9molo hai moitos anos. S\u00e9guenos desde hai moito. Desde que en Truenos y misterios traballamos cun cient\u00edfico el xa nos dic\u00eda que el tam\u00e9n poder\u00eda\u2026 E as\u00ed foi. El fala como o que \u00e9: profesor, conferenciante\u2026 Balta tam\u00e9n ten unha presenza absoluta na obra. Houbo, ademais, unha compenetraci\u00f3n absoluta entre os seis, que somos como seis planetas. Todos diferentes. Con M\u00f3nica Garc\u00eda xa \u00e9 o cuarto espect\u00e1culo que facemos. Est\u00e1 nun momento de madurez excepcional. Mar\u00eda, por\u00e9n, coa s\u00faa pureza e o seu misterio, ten unha presenza m\u00e1is pl\u00e1stica, m\u00e1is performativa. E \u00d3scar \u00e9 un descubrimento de hai pouco. O seu entusiamo, a s\u00faa predisposici\u00f3n, foron b\u00e1sicas para que o escolleramos. Ademais ten ese f\u00edsico que permite presentalo coa imaxe estereotipada de home, que despois se rompe\u2026 Balta est\u00e1 moi presente en todo momento: falando co p\u00fablico, na parte pl\u00e1stica que \u00e9 a instalaci\u00f3n dos obxectos\u2026 Son moi importantes, nese aspecto, os libros. Libros vellos. O peso do pasado: das citas, das referencias.<\/p>\n<p>Pero xa dicides que no teatro o texto non \u00e9 o m\u00e1is importante. E que se poder\u00eda facer teatro sen texto, sen m\u00fasica\u2026 s\u00f3 cos actores e cos espectadores.<\/p>\n<p>A\u00ed sae Artaud. A palabra \u00e9 s\u00f3 unha parte da nosa maneira de comunicarnos co mundo. E hai unha tendencia a darlle excesivo peso \u00e1 palabra no teatro. \u00c9 un dos meus leitmotiv de sempre.<\/p>\n<p>Staying alive e Teatro invisible falaban moito de invisibilidade. De adicarse a facer teatro. De non ter que xustificar nada, a estas alturas. Facedes 30 anos de traxectoria. Non tedes xa esa necesidade de falar de invisibilidade nesta obra?<\/p>\n<p>Eu creo que o tema tam\u00e9n est\u00e1, pero doutra maneira. Gavil\u00e1n fala de que no teatro existe a posibilidade de ver cousas que non existen. Que evocas, que imaxinas. Como na poes\u00eda. Como as estrelas. Todo est\u00e1 a\u00ed e cont\u00e1mosllo ao espectador individual que, se quere, pode ver cousas invisibles. Pode ver o que non est\u00e1 claro. O que non est\u00e1 onde se sit\u00faan os focos de informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Hai, coma sempre nas vosas obras, moito movemento. E m\u00fasica que crea distintos ambientes.<\/p>\n<p>E coreograf\u00edas as que bailamos todos xuntos e facemos os mesmos pasos&#8230; \u00c9 gracioso porque Gavil\u00e1n antes de chegar dic\u00edame que el non ti\u00f1a ritmo, que non pod\u00eda bailar. Pois o baile do principio foi do primeiro que preparamos. Vaia se pode bailar. A m\u00fasica prep\u00e1raa Baltasar, que fai mesturas en directo segundo o que vai pasando, os ritmos\u2026 E iso \u00e9 un luxo. El est\u00e1 nun momento moi bo tam\u00e9n. A luz, por\u00e9n, \u00e9 moi sinxela. Porque Balta quere darlle menos protagonismo \u00e1 iluminaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Mais tam\u00e9n hai imaxes de gran plasticidade. Non tanto se cadra como en Hombres bisagra, que era case escult\u00f3rica. Pero a luz \u00e9 moi importante.<\/p>\n<p>\u00c9 verdade, pero a luz segue a ser moi sinxela.<\/p>\n<p>Sae tam\u00e9n a morte de Deus. Nietzsche. E, se cadra, Deleuze, polo \u201centre\u201d.<\/p>\n<p>Nietzsche sae antes de falar da morte de Deus. Cando falamos diso xa non fai falta especificalo. O \u201centre\u201d \u00e9 por outro motivo. O entre as imaxes de Godard, por exemplo. Porque o teatro \u00e9 o que hai entre as escenas. Quero dicir, que as escenas por si soas non te\u00f1en soste\u00f1en, sen o conxunto, sen o que as antecede e acompa\u00f1a. Tam\u00e9n a idea de Artaud do entre n\u00f3s e o espectador. Entre a nosa mirada e a s\u00faa. E iso afecta \u00e1 forma: de actuar, a disposici\u00f3n do espazo\u2026<\/p>\n<p>+info:<br \/>\n<a href=\"http:\/\/praza.gal\/cultura\/10355\/a-beleza-a-arte-o-que-se-sae-do-devir-ciclico-e-o-que-nos-salva\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">http:\/\/praza.gal\/cultura\/10355\/a-beleza-a-arte-o-que-se-sae-do-devir-ciclico-e-o-que-nos-salva\/<\/a><\/p>\n<\/div><\/section><br \/>\n\n<style type=\"text\/css\" data-created_by=\"avia_inline_auto\" id=\"style-css-av-av_hr-65bd92347fddc685eba247be6d5a9a45\">\n#top .hr.hr-invisible.av-av_hr-65bd92347fddc685eba247be6d5a9a45{\nheight:40px;\n}\n<\/style>\n<div  class='hr av-av_hr-65bd92347fddc685eba247be6d5a9a45 hr-invisible  avia-builder-el-3  el_after_av_textblock  el_before_av_image '><span class='hr-inner '><span class=\"hr-inner-style\"><\/span><\/span><\/div><br \/>\n\n<style type=\"text\/css\" data-created_by=\"avia_inline_auto\" id=\"style-css-av-lnk3oqih-c1fa291816a3cb01e0c318cf4f3ed252\">\n.avia-image-container.av-lnk3oqih-c1fa291816a3cb01e0c318cf4f3ed252 img.avia_image{\nbox-shadow:none;\n}\n.avia-image-container.av-lnk3oqih-c1fa291816a3cb01e0c318cf4f3ed252 .av-image-caption-overlay-center{\ncolor:#ffffff;\n}\n<\/style>\n<div  class='avia-image-container av-lnk3oqih-c1fa291816a3cb01e0c318cf4f3ed252 av-styling- avia-align-center  avia-builder-el-4  el_after_av_hr  avia-builder-el-last '   itemprop=\"image\" itemscope=\"itemscope\" itemtype=\"https:\/\/schema.org\/ImageObject\" ><div class=\"avia-image-container-inner\"><div class=\"avia-image-overlay-wrap\"><img decoding=\"async\" fetchpriority=\"high\" class='wp-image-5467 avia-img-lazy-loading-not-5467 avia_image ' src=\"https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/el-cuello-de-jirafa.jpg\" alt='' title='el-cuello-de-jirafa'  height=\"302\" width=\"690\"  itemprop=\"thumbnailUrl\" srcset=\"https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/el-cuello-de-jirafa.jpg 690w, https:\/\/mariaroja.com\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/el-cuello-de-jirafa-300x131.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><\/div><\/div><\/div><\/p><\/div><div  class='flex_column av-av_one_fifth-7bd3f5cd863a6256abcb544d7c276d96 av_one_fifth  avia-builder-el-5  el_after_av_three_fifth  avia-builder-el-last  flex_column_div  '     ><\/div><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":3,"featured_media":5467,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[42],"tags":[],"class_list":["post-8861","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-prensa-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8861","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8861"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8861\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5467"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8861"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8861"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mariaroja.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8861"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}