Culturgal 2020

María Roja presenta unha revisión da súa acción «Can Cancela Calafrío»

A presente edición do Culturgal contará coa presenza de María Roja, que revisará para a ocasión a performance creada ah hoc para o programa Mulleres en acción: violencia zero do ano 2017.
Esta actividade ten lugar dentro do Espazo Foro e realizarase como peche do bloque «Culturgal é unha performance», o sábado 28 de novembro ás 13:45h.

CAN CANCELA CALAFRÍO
Un can é un mamífero carnívoro doméstico da familia dos cánidos, do que existen múltiples razas de características diversas e que, pola súa intelixencia e lealdade, é empregado na caza, para gardar rabaños, casas e outras propiedades, así como para moitas outras funcións.
Unha cancela é unha porta formada por táboas ou paus separados entre si e unidos aos traveseiros, que pecha o paso a unha propiedade.
Un calafrío é o que ás veces sentes á beira dunha cancela cun can, mentres chuchas coma carabuñas as hostias que levas coloreadas baixo o pulso

+info:
https://www.culturgal.com/