maría roja

Facerse-a, Enredarse-ante, Tornarse-baixo

Acción
Creación: María Roja + asformigas
Performers: María Roja, asformigas, Sabela Eiriz, Marta Iriarte
35 min. aprox.
2019

Ás veces, distraídas, as mans repiten movementos orfos dun obxecto ou dunha práctica que xa non coñecemos; as mans repiten o recordo dun xesto.

Facerse-a, Enredarse-ante, Tornarse-baixo parte do tear de cintura, unha ferramenta preindustrial, para reflexionar sobre os modos de produción, o concepto de traballo e a xeración ou transmisión de coñecemento. Esta ferramenta milenaria conecta o corpo da tecedora coa natureza e reconcilia a produción téxtil coa medida humana. Refutando o modo de produción industrial, é o corpo o que impón a súa forma e movemento ao tecido, fronte a un modo de produción alienante e devastador. Á vez, a acción tenta ser un exercicio de rescate da memoria orgánica, no que o corpo evidencia a súa capacidade como portador perdurable de xestos e movementos pertencentes a prácticas ligadas ás tradicións oral e física.

Baixo o título, traducido ao catalán, Fer-se (a), Embolicar-se (davant de), Tornar-se (sota), esta peza estreouse durante a inauguración do proxecto expositivo “A la mà, la memòria” da artista asformigas (Vanesa Varela), pertencente ao ciclo "Un monstre que diu la veritat" comisariado por Pilar Cruz, no Espai 13 da Fundació Joan Miró.

Hacerse-a, Enredarse-ante, Tornarse-bajo

Acción
Creación: María Roja + asformigas
Performers: María Roja, asformigas, Sabela Eiriz, Marta Iriarte
35 min. aprox.
2019

A veces, distraídas, las manos repiten movimientos huérfanos de un objeto o de una práctica que ya no conocemos; las manos repiten el recuerdo de un gesto.

Hacerse-a, Enredarse-ante, Tornarse-bajo parte del telar de cintura, una herramienta preindustrial, para reflexionar sobre los modos de producción, el concepto de trabajo y la generación o transmisión de conocimiento. Esta herramienta milenaria conecta el cuerpo de la tejedora con la naturaleza y reconcilia la producción textil con la medida humana. Refutando el modo de producción industrial, es el cuerpo el que impone su forma y movimiento al tejido, frente a un modo de producción alienante y devastador. Al mismo tiempo, la acción intenta ser un ejercicio de rescate de la memoria orgánica, en el que el cuerpo evidencia su capacidad como portador perdurable de gestos y movimientos pertenecientes a prácticas ligadas a las tradiciones oral y física.

Bajo el título, traducido al catalán, Fer-se (a), Embolicar-se (davant de), Tornar-se (sota), esta pieza se estrenó durante la inauguración del proyecto expositivo “A la mà, la memòria” de la artista asformigas (Vanesa Varela), perteneciente al ciclo "Un monstre que diu la veritat" comisariado por Pilar Cruz, en el Espai 13 de la Fundació Joan Miró.

Debuxo/ Dibujo: asformigas
Rexistro fotográfico/ Registro fotográfico: Fundació Joan Miró, Fito Conesa