Nómades

Comezan os ensaios da nova produción de Xarope Tulú

luns, 28 de maio de 2018
Nómades

Xarope Tulú, compañía galega comprometida coas linguaxes escénicas dirixidas á infancia e á xuventude, desenvolverá ao longo desta semana unha residencia artística no Salón Teatro de Compostela, iniciando así o proceso de creación da que será a súa nova peza, Nómades. O equipo está formado por Gena Baamonde na dirección, Atenea García, Diego M. Buceta e María Roja na interpretación, Nicolás Zamorano a cargo da música e a escenografía, Laura Iturralde da iluminación e Marte Martinka do vestiario, acompañadxs de Alba Blanco no deseño gráfico.

Fotografía: Laura Iturralde

+info:
https://www.xaropetulu.com/