Obradoiro de Poesía Expandida

María Roja e Silvia Penas imparten o obradoiro no Festival MARXE

OBRADOIRO DE POESÍA EXPANDIDA: Unha mañá de domingo na estación do tren.

Este obradoiro propón unha reflexión desde a práctica sobre os procesos de creación poética e a súa extensión máis alá da palabra, chegando a outros ámbitos como a arte de acción, a videoarte, etc.. Tomando como base a experiencia das docentes en modos de traballo colaborativos, tanto no deseño como no desenvolvemento do seu labor artístico, apuntarase cara ao exercicio da performance partindo da escrita e desde o interese en elaborar colectivamente unha receita para poéticas disidentes.
Recitar, cantar, camiñar, renomear o espazo, habitar a imaxe poética e as súas posibilidades de expansión.

Prezo: 30 € (Inclúe o acceso ao festival e todas as actividades dos días 18 e 20)

Inscrición: escribir un e-mail a colectivo.limites@gmail.com indicando nome e apelidos e mercar a entrada na páxina do festival http://www.marxe.org