PLATAFORMA

María Roja no Festival de artes performativas

xoves, 06 de agosto de 2020
PLATAFORMA

Plataforma é un proxecto que quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño, convidando a reflexionar sobre o espazo público e integrando servizos e institucións da cidade para actuar como motor para o desenvolvemento e a cohesión social.
Plataforma é un festival de cidade, transversal, comprometido co urbanismo e a riqueza patrimonial material e inmaterial de Compostela, coa súa diversidade, coa igualdade, coa ecoloxía, coa tradición e coa innovación cultural, convencidos de que é dende a creatividade dende onde podemos construír un futuro máis amable e responsable.
Plataforma é un festival ideal para este momento de restruturación cultural, pola súa transversalidade e a descentralización das súas localizacións, pola súa escala, pola súa programación pensada para espazos singulares, pola posibilidade de seguir con facilidade os debidos protocolos de sustentabilidade e de seguranza para a saúde nas súas accións e propostas.

PLATAFORMA
PLATAFORMA

+info:
http://plataforma.gal/
https://www.facebook.com/plataforma.gal