Ciclo Experimenta 2025 en Lugo

Cintaadhesiva e María Roja, dentro do programa

Disciplinas como poesía, música, vidoarte e posta en escea reméndanse unhas ás outra nun espectáculo pensado para o directo, para acción e á visión pero tamén a outras partes sensibles e sensoriais do corpo de maneira que o que se produza sexa unha vivencia.
Un concerto de Cintaadhesiva é unha experiencia moi completa, de grande intensidade.
Nos contidos destaca un posicionamento marcadamente feminista e unha visión crítica de diversos ámbitos do social. Unha reflexión profunda e poética acerca da vida e das formas de actuar do ser humano.
Ten como base os ámbitos literario e musical, xa que se trata do proxecto orixinal da poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada.
Unha parte importante do conxunto son textos poéticos integrados na música (non acompañados pola música).
O espectáculo intercala tamén temas cantados compostos polos mesmos autores.
Cindaadhesiva é un dúo que podería inserirse no xénero coñecido como “e-poesía”: poesía con música electrónica, con reminiscencias do post-rock, dream pop e ambient.
En directo compoñen o grupo: Jesús Andrés (vídeo e son) e Silvia Penas (voz) e nesta actuación contan coa colaboración da performer lucense María Roja.

+INFO:
Teleclube