Sacar o corpo. A performance galega
María Roja participa na xornada do CCG cun relatorio e unha performance
Consello da Cultura Galega
12 de novembro de 2026
Santiago de Compostela
A performance e o accionismo consolídanse no ámbito da arte contemporánea galega como unha práctica artística destacada, especialmente no cambio de século, cando xorden diversos creadores e creadoras que, a través destas disciplinas, achegan unha nova forma de expresión, en ocasións crítica, política e experimental. Son moitas as apostas en que o corpo serve como ferramenta reflexiva de temáticas comúns como a identidade cultural, o territorio, a memoria histórica e outras cuestións relacionadas coa comunidade e os ámbitos privado e doméstico, que conectan con problemáticas locais e teñen como referentes os movementos internacionais. Afastadas dos circuítos establecidos, créanse novas canles de exhibición tanto no espazo natural como no urbano.
A performance configúrase non só como unha manifestación artística, senón como un acto reivindicativo, poético e fondamente enraizado co contexto social e cultural do país, a través de artistas e grupos que utilizan a acción para cuestionar problemáticas sociais como o xénero ou as estruturas de poder.
Convén destacar a importancia de fitos como a creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en relación coa formación e elaboración de propostas específicas nesta disciplina, que favoreceu a aparición de festivais, exposicións e outro tipo de iniciativas que provocaron un clima axeitado para que a performance e o accionismo fosen considerados unha opción válida nos discursos da arte contemporánea.
PROGRAMA:
16:45 horas
Presentación da xornada
17:00 horas
Conferencia
Alice’s Adventures in Wonderland: Unha viaxe iniciática a través da arte de acción, a performance e as artes vivas
NIEVES CORREA
18:00 horas
Pausa
18:15 horas
Sesión de relatorios
18:15 horas
ANA GESTO
18:35
ANDREA MOSQUERA
18:55
MÓNICA MANEIRO
19:15
MARÍA ROJA
19:35
Performance
MARÍA ROJA
20:00 horas
Peche da xornada
+ Programa e inscricións:
Sacar o corpo. A performance galega

