Estrea de «Onde viven os monstros»
Os Náufragos Teatro presenta a versión escénica do clásico de Sendak
Onde viven os monstros está protagonizada por María Roja mais Jimmy Núñez e dirixida por Gustavo del Río.
Onde viven os monstros baséase na obra homónima de Maurice Sendak, escritor estadounidense de orixe polaca. Un fiel retrato da infancia. Unha peza inspirada no clásico da literatura infantil, considerado o albume ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual, trazando un fiel retrato da infancia.
O pequeno Max pasa o día facendo trasnadas. Súa nai, cansa desta situación, decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias ata converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.
Onde viven os monstros é un clásico vixente hoxe en día que plasma con gran expresividade os temores e desexos da nosa infancia máis tenra: os monstros que nos axexan, os nosos enfados incomprendidos, o medo ao abandono e a que os nosos pais deixen de querernos.