Compostela en Negro

6 artistas, 12 escaparates

Esta semana presentáronse as actividades programadas no marco da campaña Compostela en Negro, unha acción que naceu en Santiago exportándose a outras moitas outras cidades de Galicia, España e mesmo do estranxeiro e que neste 25N volverá denunciar e concienciar sobre as violencias machistas.

Unha das actividades que se desenvolverá será «» 6 artistas, 12 escaparates», que contempla a realización de performances en 12 escaparates de establecementos composteláns na que participan seis artistas de diferentes artes escénicas como son Marta Alonso, Mónica de Nut, Helena Salgueiro, Marta Pérez, María Roja e a xaponesa residente en Compostela Masako Hattori. Tres das pezas son estreas mentras que as outras tres son adaptacións feitas ex profeso para o espazo dos escaparates, e todas xiran en torno ás formas de violencia ocultas na normalización, ás agochadas baixo a punta do iceberg seguindo o «sempre foi así».

As performances serán o martes 24 de novembro e o mesmo día 25 entre as 18.30 e as 20 horas. De só 10 minutos de duración, repetiránse dúas veces en cada escaparate e poderán verse a través dun percorrido polo centro da cidade: o mércores 24 en República do Salvador e Xeneral Pardiñas, e Praza de Galicia e rúa do Hórreo o xoves 25.

+info:
http://tm.santiagodecompostela.gal/gl/actividades/compostela-en-negro-centra-a-campana-deste-25n-nas-violencias-cotias-que-non-se-ven