Cortisonici Film Festival

Unha peza do Colectivo Bemtevi seleccionada no festival de cine

A peza «Quiet! Birds sinking» do colectivo Bemtevi (Silvia Penas + Jesús Andrés Tejada + Flávio Hamilton + María Roja), póla de LÍMITES Corpo Colectivo Transfronteirizo, forma parte da programación
do Festival de Cine Cortisonici, que se celebra en Varese (Italia).
O vídeo poderá verse na sección «Inferno», un dos eventos máis esperados da mostra. Un espazo libre onde as obras máis defectuosas, incorrectas e extremas poden proxectarse sen ningún tipo de censura.
A cita é o venres 4 de abril ás 23:30h en TuMiTurbi.

+info:
Cortisonici Film Festival