DERMA. Residencia en A Casa Vella

María Roja forma parte do proxecto performativo

DERMA /// Sonsoles Cordón
Este proxecto nace coa intención de fusionar o traballo de diferentes artistas cunha metodoloxía baseada no laboratorio co obxectivo de explorar a escena e os espazos non convencionais a partir do movemento, a intalación, a plástica e o son e tendo como contexto temático como o paso do tempo se reflicte no noso corpo, no noso ser.
Atopámonos na procura dunha proposta poliédrica onde corpo e artes plásticas conflúen e eclosionan para vertebrar un dispositivo artístico a medio camiño entre a peza paisaxe e a instalación escénica e sonora.
Para levar a cabo esta experimentación, Sonsoles Cordón forma equipo con María Roja como ollo externo, como iluminadora Beatriz de Vega, Diego Buceta como asesor de movemento, coa ceramista Verónica Moar, co musicólogo Carlos Suárez e coa artista visual Sabela Eiriz.

Financiado con cargo aos fondos da UE e o Plan de Recuperación e Resiliencia
Apoiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais

+info:

Residencia de Sonsoles Cordón na Casa Vella
A Casa Vella