Estrea de «El Cuello de la Jirafa» no FITO
10 de Outubro ás 23h na Antiga Capela do Campus Universitario
Non teño fillos. Non teño pais. Ás veces son unha árbore. Podo ser un animal.
Sei que aí fóra, na horta, todo está medrando, madurecendo, secando o xerminado. Fascinante, en principio, pero se o penso ben, tamén un chisco aterrador este micro mundo… unha mostra do irremediable aburrimento producido polo continuo repetir cíclico das rutinas na natureza, no universo enteiro, nas nosas relacións, nas nosas vidas e costumes. Ata o infinito. Todo se repite ata o infinito. De forma mortal.
E volvemos ao tempo, inseparable das repeticións.
Unha figura en movemento, sombra. Prescindindo das flores.
Parecen flores no pelo, pero non o son.
A non permanencia supón a perda nuns segundos de algo que empregou moito tempo en construírse. Todo está cuberto dunha capa da non permanencia. Un día de xullo soleado, unha muller fumando, o balbordo das tabernas. A sensación de que vai pasar unha banda.
Non podo parar, non podo determe.
En ocasións penso que a cada minuto todo se converte en pasado, e, porén, outras veces sinto que o pasado sempre volve e nunca se acaba. Queres un amorodo?
Ana Vallés
Autoría, dirección e creación: Ana Vallés
Textos: Ana Vallés e Enrique Gavilán
Outros textos: Óscar Codesido, Mónica García e María Roja
Intérpretes: Óscar Codesido, Mónica García, Enrique Gavilán, Baltasar Patiño, María Roja e Ana Vallés
Iluminación, son e espazo: Baltasar Patiño
Coreografías: Mónica García
Auxiliar de dirección: Diana Mera
Vídeo e fotografía: Rubén Vilanova e Grismedio Studio
Imaxe cartel: María Roja
Produción: Manu Lago e Matarile Teatro
Colaboran: AGADIC, Xunta de Galicia – Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, USC
Colaboración especial: FITO e Alt Vigo
+info:
www.matarileteatro.net