Estrea de «Método Criminal»

A nova ficción de Voz Audiovisual para a TVG

«Método Criminal», a nova serie da Televisión de Galicia, estréase o vindeiro domingo 31 de xaneiro ás 22:15h..

Humor e un clan do narcotráfico, que pode saír mal? Nesta nova serie, xs espectadorxs atoparán un criminal que non quere selo e un actor en horas baixas, ante o posible papel da súa vida. O punto de partida é cando Damián Canosa (Miguel Canalejo), que medrou vendo as series da TVG e que se dedica en corpo e alma ao negocio legal da súa familia, un tanatorio, ten que facerse cargo do negocio ilegal: o narcotráfico.
El non sabe nada do negocio, polo que non lle queda máis remedio que buscar axuda. Ten que atopar alguén que lle poida ensinar a ser un líder temido, respectado. Alguén carismático, un tipo deses que cando entra nun bar todo o mundo cala. Alguén como… Carmelo Matalobos! O problema é que non existe, el é un personaxe de ficción. Entón terá que conformarse con Luís Iglesia, o actor que lle deu vida. Se foi quen de construír o personaxe, será quen de ensinarlle a ser tan bravo como Carmelo. Agora, ten que convencer a Luís Iglesia para que o axude, e iso vai ser outra historia.

Dirixida por Jorge Saavedra e producida por Voz Audiovisual para a TVG, «Método Criminal» ten un destacado elenco, con Luís Iglesia, Miguel Canalejo, María Roja, Sabela Arán, Miguel Borines, Sabela Arán, Alberto Rolán, David Seijo, Susana Sampedro, Carlos Villarino, Mara Sánchez, Lidia Veiga, Neves Rodríguez, Mariana Expósito ou Adrián Castiñeiras, entre outrxs.

María Roja interpreta o papel de Sofía. O día no que esta pisou o tanatorio da súa familia política por primeira vez, descubriu a que se lle viña enriba. Telmo, o seu sogro, era o oposto a Damián, o seu home. Despois de casar, instalaríanse na súa vivenda, riba da funeraria, na que comezaría a traballar de tanatoesteticista. E ía ter que convivir, si ou si, moi ao seu pesar, co outro “negocio” familiar.

+info:
Instagram: @metodocriminal
Facebook: @MetodoCriminal
Twitter: @MetodoCriminal