Cintaadhesiva pecha un ciclo no Teatro Ensalle

A sala viguesa acolle o proxecto de Silvia Penas e Jesús Andrés, acompañadas de María Roja

Amigas, o venres 13 de xuño estaremos no Teatro Ensalle cun concerto especial.
Será especial porque pisar as táboas deste espazo era algo que queriamos facer dende hai tempo e, ademais, porque despediremos o noso repertorio habitual dos últimos anos. Estamos preparando xa cousiñas novas que non tardaremos en compartir con todas vós.

Vindes unha vez máis a comprobar que, xuntas, podemos atravesar o mundo sen caer?