maría roja
actriz e creadora escénica

Titulada Superior en Arte Dramática, Licenciada en Belas Artes e Máster en Artes Escénicas, gusta de petiscar as artes plástico-visuais, a performance, a creación escénica e a danza.
Exhibiu o seu traballo en diferentes exposicións e festivais organizados en galerías, museos, teatros e espazos alternativos nacionais e internacionais. Foi co-fundadora dos colectivos de arte de acción áIntemperie, Ohn e Blanco&Roja e forma parte do Corpo Colectivo Transfronteirizo Límites.
Rostro habitual das táboas e a ficción televisiva galegas, no campo da interpretación é salientable o seu labor en compañías de artes escénicas de linguaxe posdramática así como a súa participación en producións audiovisuais de feitura experimental. Foi galardoada con dous premios María Casares á Mellor Actriz Secundaria.
Actualmente compaxina o labor investigador no programa de doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea da Uvigo co traballo creativo nos eidos das artes visuais e escénicas.

O máis destacado

  • 2023

     

    Entrega en man - teatro

    de Martin McDonagh. Dir. Cándido Pazó. Contraproducións e Focus

  • 2022

     

    A peste - teatro

    Albert Camus. Dir. Cándido Pazó. CDG

  • 2021

     

    Método Criminal - serie tv

    Dir. Jorge Saavedra. Voz Audiovisual

  • 2020

     

    9 fugas - cine

    Dir. Fon Cortizo. Xas Films

  • 2020

     

    Serramoura - serie tv

    Dir. Jorge Saavedra. Voz Audiovisual

  • 2020

     

    Hugo - teatro

    Dir. Gustavo del Río. Os Náufragos Teatro

  • 2019

     

    A Estiba - serie tv

    Dir. Miguel Conde. Voz Audiovisual

  • 2019

     

    Neorretranca e Posmorriña - teatro

    de Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte. Dir. Gena Baamonde. CDG

  • 2017

     

    Martes de Carnaval - teatro

    de Ramón Mª del Valle-Inclán. Dir. Marta Pazos. CDG

  • 2016

     

    Dalia, a modista - serie tv

    Dir. Giselle Llanio. CTV

  • 2016

     

    O tolleito de Inishmaan - teatro

    de Martin McDonagh. Dir. Cándido Pazó. Contraproducións

  • 2015

     

    Hospital Real - serie tv

    Dir. Jorge Cassinello. Ficción Producciones

  • 2015

     

    El cuello de la jirafa - teatro

    Dir. Ana Vallés. Matarile Teatro