Cintaadhesiva
Poesía escénica
Performers: Silvia Penas e María Roja
Texto: Silvia Penas
Son e vídeo: Jesús Andrés Tejada
60´ aprox.
2025
Disciplinas como poesía, música, videoarte e posta en escena reméndanse unhas ás outras nun espectáculo pensado para o directo, pois xorde da intención de apelar á escoita e á visión pero tamén a outras partes sensibles e sensoriais do corpo de maneira que o que se produza sexa unha «vivencia». Ten como base os ámbitos literario e musical, xa que se trata do proxecto orixinal da poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés, ao que se suma como integrante a performer e artista plástica María Roja.
Fotografías: Marcos Loopez (Vivalugo)