LímItes, Corpo Colectivo Transfronteirizo

O colectivo artístico preséntase nos medios

María Solar fala de LímItes na súa sección d’A Revista, na TVG. A súa presentación do colectivo pode verse no seguinte enlace (min. 03:35):
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/cousas-novas-cousas-diferentes-na-nosa-cultura-con-maria-solar-4416294?t=215
Así mesmo, outras medios tamén cubriron o nacemento deste novo proxecto artístico:

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=31135
Límites é unha iniciativa que reúne propostas e artistas de diferentes disciplinas como a videoarte, a música, a ilustración, a danza, a poesía ou a performance. Todos os proxectos que conforman o colectivo ofrecen unha aposta cara á indagación e experimentación, transitando e rebasando os límites. O obxectivo do grupo é crear colaboracións e sinerxias conxuntas, apoiándose nun marco de acción común, así como
reivindicar esas outras formas de expresión artística que non encaixan nos marcos habituais. Os proxectos e artistas que compoñen as perspectivas creadoras do colectivo son: Ordet, Tamara Andrés, Silvia Penas, Cintaadhesiva, Andrea Jano, Carlos Suárez, Costa Escura, Velpister, María Roja, Aleksander Bortko, Waste Generation, Keens Vereeniging, Filipe Miranda, Chus Nimo, Diego M. Buceta, Fiinda, Bujiwa e Lassa.

+info:
https://limites.net/index.htm

https://www.facebook.com/pg/colectivolimites

https://www.instagram.com/limites.colectivo/

https://twitter.com/limites_corpo