EXPERIMENTA 10+1

Adriana Pazos Ottón e María Roja presentan “Dasein”

O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolle o venres, día 7 de outubro, a inauguración da exposición: Experimenta 10+1, un proxecto expositivo colectivo no que xs artistas xogan co espazo, coa cor, o volume, a forma e a percepción do público espectador.

Pintura, escultura, debuxo, instalación, e mesmo vídeo, reflicten toda a multidisciplinariedade da arte contemporánea nas obras de Chelo Matesanz, Mónica Alonso, Din Matamoro, Sara Coleman, Suso Fandiño, Berta Cáccamo, Hector Francesch, Mónica Trastoy, Mar Vicente, Rubén Fernández Castón e Adriana Pazos máis María Roja. Estas últimas complementarán a súa peza “Dasein” coa realización no acto inaugural dunha performance. Comisariada por Paula Cabaleiro e asistida por Íñigo Rodríguez, esta mostra trata de provocar un diálogo co público, cuestionando os límites da pintura dende diversas liñas experimentais.

O acto comeza ás 20.15 horas, con entrada de balde.