O Mercado da Arte
La Caja estará presente no evento
O Mercado do Calvario cambiará o 17 de maio o peixe e as hortalizas por fotografías, pintura, cerámica e esculturas. O Mercado da Arte convertirá os bancais das peixeiras en expositores para que xs artistas locais amosen e vendan as súas obras. É unha iniciativa pioneira en Vigo, que nace con afán de continuidade, e que supón outra volta de rosca aos mercadillos, tan de moda actualmente. O Mercado da Arte non é un mercadillo máis: é un xeito orixinal de unir arte e vendas nun espazo atípico, nunha rúa peonil na que ademáis se organizarán actividades paralelas. O obxectivo non é, polo tanto, unicamente organizar un mercadillo, senón dinamizar o barrio do Calvario durante todo o Día das Letras Galegas con música en directo, talleres e moitas outras actividades.
La Caja estará presente no evento como expositor, presentando a obra de varixs artistas vinculadxs ao espazo:
Ignacio López
Olalla Lojo
LeChanelas
Ohn (Berio Molina + María Roja)
María Roja
Cromosaurio ( Martita Pelusa + Miguel Méndez)
Colectivo electrodomésticas ( Laura Fernández Patiño + Lucia Morandeira Novo + María Castellanos Vicente)
Antía Sánchez
Sandra Estrada
+info:
https://www.facebook.com/pages/La-Caja/488193614571721