“A Estiba”
Estrea da nova serie de ficción da TVG
“A Estiba”, a nova serie de Voz Audiovisual, estrearase o vindeiro domingo 22 de setembro ás 22 horas na Televisión de Galicia. Previamente, a produción presentarase o mércores 18 na Sala Pelícano de A Coruña.
Un barco con toda a súa tripulación masacrada atraca no porto da localidade de Ardora. Cando a policía investiga o acontecido, descobre que no porto rexe unha soa lei, a do silencio. Ardora é unha cidade próspera, de tamaño medio, na que os seus e as súas habitantes viven da actividade comercial e industrial do seu porto, pero que como contraprestación conta cos índices de criminalidade máis elevados do país.
Este é o punto de partida de “A Estiba”, un thriller de 15 capítulos dirixido por Miguel Conde, cuxa estrea na grella da canle pública está prevista para a próxima tempada de outono-inverno.
Voz Audiovisual, creadora de series de éxito da Galega como “Matalobos” e “Serramoura”, é a produtora que dá vida a este proxecto, para o que conta con intérpretes como Luis Iglesia, Ana Santos, Melania Cruz, Desiré Pillado, Antea Rodríguez, Fran Lareu, Paula Cereixo, Pablo Rivero, Machi Salgado, Toni Salgado, Chus Álvarez ou María Roja, entre moitxs outrxs.
+info:
https://www.facebook.com/AEstibaTVG/
https://www.instagram.com/aestiba/