A la mà, la memòria

Performance inaugural a cargo de María Roja e asformigas

Debuxo: asformigas

A artista asformigas inaugura o vindeiro 17 de xaneiro ás 19h o proxecto A la mà, la memòria, desenvolvido como parte do ciclo de exposicións “Un monstre que diu la veritat”, comisariado por Pilar Cruz para o Espai 13 da Fundació Joan Miró.

asformigas parte do tear de cintura, unha ferramenta preindustrial, para reflexionar sobre os modos de produción, o concepto de traballo e a xeración ou transmisión de coñecemento. Esta ferramenta milenaria conecta o corpo da tecedora coa natureza e reconcilia a produción téxtil coa medida humana. Refutando o modo de produción industrial, é o corpo o que impón a súa forma e movemento ao tecido, fronte a un modo de produción alienante e devastador. Á súa vez, o proxecto reflexiona sobre como a memoria herdada do corpo e dos seus movementos nos conecta cunha maneira máis orgánica de estar no mundo, resituando as cousas ás que lle damos valor.

Como acción inaugural, María Roja estreará a performance site-specific Facerse-a, Enredarse-ante, Tornarse-baixo, na que contará coa colaboración de Vanesa Varela, Sabela Eiriz e Marta Iriarte.

+info:
https://www.fmirobcn.org/es/exposiciones/5748/en-la-mano-la-memoria
http://asformigas.info/a-la-ma-la-memoria/