A lúa, válvula de spray
FIOT Fónico
A edición deste ano do FIOT de Carbalo contempla a estrea absoluta dunha ficción sonora coproducida por FIOT e LIDISS (Laboratorio de Investigación en Innovación Social e Cultural Sostible) na que a escenografía é unha selección da arte urbana que se atopa en Carballo. A lúa, válvula de spray será a primera das creacións do FIOT Fónico, un proxecto que nace con vocación de continuidade e que pretende explorar novos formatos e as posibilidades que ofrecen ferramentas tecnolóxicas innovadoras para achegar experiencias teatrais singulares na comarca.
A lúa, válvula de spray é unha creación da poeta carballesa Rosalía Fernández Rial, na que a contorna é desencadeante dunha ficción teatral. Dirixida por Quico Cadaval e interpretada por María Roja, Santi Romay e Melania Cruz, a obra é un espectáculo itinerante que se pode percorrer na localidade a través de seis escenarios ou murais que se atopan nas fachadas de Carballo. A peza poderase escoitar desde os dispositivos móbiles previa descarga dunha aplicación.
A lúa, válvula de spray estrearase o día 9 de outubro con dous pases, ás 18h e 20h, respectivamente.
As entradas para a sesión desexada poden reservarse a partir do luns 5 de outubro enviando unha mensaxe de whatsapp indicando os datos persoais ao 604 008 235.
+trailer:
https://twitter.com/FiotCarballo/status/1314153564751634432
+artigo en Babelia, suplemento cultural de El País:
https://elpais.com/cultura/2020/10/23/babelia/1603461839_822251.html
+info:
https://fiot.gal/programa/a-lua-valvula-de-spray/