Encontro Residencias Paraíso
Reunión pública cxs artistas residentes
O vindeiro 29 de novembro, na Fundación Luis Seoane da Coruña, terá lugar o encontro aberto de Residencias Paraíso. Esta reunión pretende facer coincidir a todos os axentes implicados no programa, de xeito que, por unha banda, poidamos coñecer as claves de cada residencia artística e, por outro lado, nos sirva de momento de análise e valoración do presente programa de cara a construción da vindeira edición 2018.
Entre as 16 e as 20h, a Fundación permanecerá aberta ao público para coñecer os proxectos de María Roja, Begoña Cuquejo, Masako Hattori, Diego M. Buceta, Óscar Bueno, Estela Lloves, Areta Bolado, Ailén Kendelman, Diego Anido e Borja Fernandez e Cris Vilariño.