Estrea de BARBAZUL de Blanco&Roja
Bruxas e bolboretas toman as rúas contra a violencia machista
BARBAZUL, acción creada por Blanco&Roja, é unha das propostas que De Bruxas e Bolboretas, unha das iniciativas inseridas no programa Tangram, que a Vicerreitoría do campus promove xunto co Concello e a asociación Portal 48, achegará ao programa de actos cos que Pontevedra conmemorará ao longo desta semana o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Barbazul é unha performance composta por microaccións apoiadas en medios audiovisuais, musicais, sonoros e lumínicos.
Barbazul é un percorrido que envolverá ao público nun xogo de sensacións táctiles, olfativas e visuais.
Barbazul é un poema visual creado a partir do conto popular reescrito pola pontevedresa Tamara Andrés.
Barbazul é unha peza de Blanco&Roja na que colaboran unha vintena de voluntarias e voluntarios co desexo de berrar “non” contra o terrorismo machista.
+info:
https://www.facebook.com/blancoyroja
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10628&Itemid=11