Estrea en Galicia de “9 fugas”
Festival de Cans
VENRES 3
18:00 H.
TORREIRO + BAIXO DE BUGARÍN
O Festival de Cans acolle este ano a estrea do filme 9 Fugas, de Fon Cortizo.
O cineasta chega a Cans para presentar unha longametraxe, protagonizada por María Roja e Olga Cameselle, na que leva ao público, a partir da música improvisada dunha orquestra, a nove historias en busca dunha saída. Todas elas parten da capacidade da sinfonía improvisada da orquestra para revelar pantasmas do pasado.
O filme xa estivo no Festival Internacional de Shangai e no New Horizons de Polonia, uns dos máis importantes do mundo, así como no D’A Film Festival de Barcelona e no FICX Festival de Cine de Xixón, onde levou o Premio na sección Retueyos, a que aposta por propostas que asumen maiores riscos narrativos. Á proxección acudirá boa parte do equipo da película. E especial protagonismo terá a música: antes da estrea do filme, Lar Legido, fará unha perfomance musical de percusión polos camiños da aldea desde o Torreiro ata o lugar no que se proxecta a película, o Baixo de Bugarín. Na súa perfomance musical por Cans daralle continuidade sonora e visual ao personaxe ao que interpreta en 9 Fugas.