2419CJX
Proxecto multidisciplinar (en proceso)
Creación: María Roja e Begoña Cuquejo, coa colaboración de Juanma LoDo
Espazo lumínico: Ángel Sousa
2419CJX é o título dunha peza en proceso de creación que tenta explorar as formas de vida actuais, fincando particularmente a ollada no obrigado nomadismo ao que estas parecen abocar aos corpos. Á vez, entretécese unha reflexión sobre a violencia estrutural e de xénero que subxace nos conceptos tradicionais do verbo casar e do sustantivo casa, confrontándose con ela a través do accionar disidente de dous corpos de sexo feminino en escena, ata derivar nunha tentativa por parte das actuantes de construír no espazo escénico unha sorte de casa eventual que cohabitar co público presente, de cimentar un reduto de intimidade e asilo compartido, de converter unha aloe vera prantada nunha maceta nun improvisado xardín á intemperie.
Fotografías: Ángel Sousa