Meminiss-e #AresInnova
Instalación performativa
Duración variable
2021
Colaboracións:
Adrián Porima, Ailén Kendelman, Alba Blanco, Areta Bolado, asformigas, Atenea García, Begoña Cuquejo, Carla Rodríguez, Carolina Rodil, Christian García Bello, Fernando González, Fon Cortizo, Fran Martínez, Héctor Guerra, Jesús Andrés Tejada, Javier Labandeira, Laura Torrado, Luis Esmorís, Maria Chiginskaya, María Costas, Miguel Canalejo, Miguel Vidal, Míriam Rodríguez, Nicolás Zamorano, Pablo Canosa, Paolo Constantino, Rosa Puga, Samuel Merino, Santiago Paredes, Sabela Eiriz, Santi Romay, Silvia Penas, Tamara Andrés, Velpister, Xan Cortizo, Xiuyan L., Xose Piñeiro
A acción debuxística colectiva Meminiss-e desenvolvida durante o confinamento domiciliario, reformúlase agora como instalación performativa para saír á rúa.
Os retratos, impresos en soporte adhesivo, expóñense no espazo público, tomando o mobiliario máis os elementos urbanos. O corpo da artista, exposto sobre unha plataforma xiratoria, agocha o seu rostro detrás dunha tableta sobre a que vai pasando en bucle os amentados debuxos. Á vez, o público casual que vai tropezando coa imaxe durante o seu tránsito cotián, escoita unha descrición sonora do corpo que está a intuír, realizada tamén de memoria por un grupo de persoas vinculadas ao mesmo.
Meminiss-e #AresInnova tivo lugar en Ares (A Coruña), dentro da programación do Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021.
Documentación fotográfica: Manuel G. Vicente